ASI NACEU O NOSO PAIS DAS MARABILLAS

ENTROULA + ANPA UCEIRA NO PAIS DAS MARAVILLAS

  Detrás de cada comparsa hai moitas horas, moito traballo... pero sobre todo moita ilusión.
Fai un ano, o rematar o desfile en Celanova os nenos empezaron a preguntar  a Vero de que ibamos ir disfrazados... deron varias opcións... e entre todos decidiron que Alicia no País das Marabillas... xa empezaron a pasar polas súas cabezas como sería o traxe de raíña... tiña que ter coroa seguro... e Alicia tiña que ser moi doce... o sombrereiro moi tolo e divertido... o coelliño branco e  azul... as cartas malas con lanza... e así comezou todo.
Despois empezou a busca, lectura de diversos libros desta historia, coller detalles de cada ilustración... ir collendo un pouco de aquí e outro de alí... e comezar a deseñar os disfraces... buscar telas... facer combinacións...o coello así non... e se probamos a meter esto... uff a falda mellor con este lazo... así día tras día :)... e cando xa parecía que estaba rematado... sempre aparecía un novo detalle que "seguro quedaría xenial"... "porque non facemos o cinturon do sombrereiro con carretes de fío"... "e porque non lle pomos uns laciños as medias de Alicia"... e así un tras outro. Dar as gracias a todas as familias pola paciencia, por ilusionarse con cada detalle e por ser marabillosos.
E por fin conseguimos ter todos os detalles rematados:
- Alicia: a dulce Alicia vestida de azul e branco... a súa taza na cabeza... as medias brancas co lazo... o mandil decorado... maquillaxe suave... lazada enorme na espalda... puntilla...
- Raíña: ca falda vermella e branca decorada con corazóns... a capa negra co cuello levantado decorada con goma eva...a peluca perfecta a que lle fixemos unha coroa con brilli brilli (algo de brilli brilli había que levar)...as medias... que traballo topar as medias que nos namorasen... e despois o maquillaxe maléfico e divertido...e ata as uñas vermellas e negras con corazóns.
- Sombrereiro Tolo: tiñamos claro que tiña que ser cantoso, brillante, colorista... así que puxémonos mans a obra, chaqueta, pantalón, medias de cores... sombreiro con peluca con todos os detalles... puntillas... cintas de cores saíndo dos bolsillos, cinto feito con carretes de fíos de cores... lazo... máis fío nos zapatos.. maquillaxe e por suposto as uñas... levar dedaís era complicado así que o arranxamos con tiritas chulas.
- Coello branco: a súa pel branca de peliño suave... a chaqueta estilo frak de azul con brillo... as puntillas... o gorro cas super orellas... o maquillaxe... e o toque maestro... o enorme reloxo para que non se nos pasase a hora do te!!
- As cartas: as vermellas e as negras... cada unha de seu pau, cas lanzas e os tocados.
- Os xemelgos: Emilia quería ir dos xemelgos gordiños... e a idea foi xenial... están totalmente metidas no personaxe... e o disfraz quedoulles impecable.
Deixámosvos un vídeo con alguna foto do proceso de deseño confección... de disfraces... as telas que tiramos polo camiño facendo probas... mellor nin as nombramos... :)


Por outro lado había que facer a carroza... cando vimos o remolque baleiro dixemos... apuffff... :)
Pero bueno... Aquel primeiro boceto en servilleta foise facendo pouco a poco realidade, collendo forma e quedando chulísimo, gracias a todas as persoas que participaron dunha ou doutra forma no proxecto País das Marabillas :). A idea... recrear a hora do te... así que habia que facer reloxo, facer flores, facer árbol, facer señais, facer mesa, facer bancos, facer sillón do sombrereiro, facer tazas (moitas tazas de todos os tamaños), facer setas, facer as cartas que protexerían a carroza... por o céspede, facer bichos... moitos bichos... montar música, iluminación...decorar laterais....E tomar chocolate... non se pode traballar co estomago baleiro. Moitas horas de traballo pero tamén moitas risas, moito cariño, moita imaxinación e sobre todo moita ilusión.


Gracias polo traballo, a ilusión, a paciencia, a empatía, a solidaridade ... gracias por formar unha gran familia... gracias por tantas risas, tantos momentos a todos e cada un dos que formades parte do noso entroido: Antía, Aroa, Isa, Amancio, Lucia, Martín, Ana, Dani, Adrian, Elvira, Asier, Samuel, Chus, Marco, Ari, Elvira, Pachi, Santi, Alejandra, Angel, Maribel, Lucia, Miguel, Marta, Noelia, Martita, Cruz, Uxía, Manolo (o mellor CM), Bea, Paula, Carla, Emilia, Clara, Manuela (a nosa "chica do furgón":)), Minerva, Paola, Lara, Noelia, Helia, Brais, Aida, Maite, Laura, Camen, Lupe, Manu, Alba, Rosalía, María José, Paula, Laura, Lía, Paz, Mariló, Diana, Muleiro, Martina, Clara, Iria, María José, Antia, Noa, Natalia, Charo, Xiana, Eva, Ana, Sofía, Ruth, Idoia, Stephany, Hada, Saúl, Ines, Marí Carmen, Aroa, Mara, Marta, Ana,Susana, Miriam, Belén, Martina, Juan Manuel, Carla, Feli, Iván, Ari, Eire, Juan Rúa, Álvaro, Tamy, Bisa Lola, Amalia, Edu, Cibrán, John, Carlos, Sonia, Rosa... Gracias Vero por ser o corazón e o motor... e seguro que nos esquecemos dalgún nome... pero mil gracias, mil bicos e mil abrazos a todos e cada un dos que o fixestes posible!!.
Para o ano máis!!

Asinado: Christian López


Festa da Cachucha 2019

ENTROULA+ ANPA UCEIRA NA FESTA DA CACHUCHA

  Este Domingo por fin chegou o día que tanto estabamos esperando, o día de lucir os disfraces que con tanto cariño fixemos e o noso pais das marabillas diante dos veciños, familiares, amigos...
Pasámolo moi ben, foi un día de moitas emocións e ledicia.
Deixámosvos unhas fotos que nos fixeron amigos e familiares que demostran  que foi un día moi especial.