Magosto 2016
O venres 11/11/2016 a partir das 18:00 no pavillón do Calvo Sotelo. Haberá castañas, bolos preñados e chocolate con biscoitos ademais de bebidas variadas. Teremos animación musical con DJ Tibu. Se alguén quere, pode traer algunha larpeirada.
Custo por familia 3 € para os socios e os non socios terán que aboar 5 € por adulto e 1 € por neno.
Todos os que queirades participar tedes que anotarvos o vindeiro mércores 9 de novembro de 18:00 a 19:00 no Taller Máxico do Casino Cultural do Carballiño, e se por algún motivo non vos podedes achegar dirixirvos a calquera membro da directiva para que tome nota.
FAITE SOCIO
Se non es socio da ANPA e queres selo tes que facer un ingreso de 10€ na conta da ANPA Uceira na Caixa Rural do Carballiño.
.png)
0 comentarios:
Publicar un comentario