XORNADA DE MICOLOXÍA
DOMINGO MICOLÓXICO
Hoxe aprendemos moito de cogumelos con Beni (papi de Paula, e membro da directiva da ANPA).A xornada empezou ás 11:30 con unha explicación sobre distinta variedades de cogumelos que xa traía el, e despois paseamos durante 2 horas polo parque na busca de máis. Os pequenos corrían dun lado a outro buscando o cogumelo máis bonito, máis grande... avisando para que lle fixésemos foto ... discutindo se eran comestibles ou non...e preguntándolle a Beni todas as súas dúbidas.
Gracias as 30 persoas que nos acompañaron nesta mañá soleada e gracias a Beni polo seu tempo e paciencia. Canto sabe este home!! :)
Recordade o que nos dixo... "diante dunha seta non existe a dúbida... se dubido... non a como".
.png)
0 comentarios:
Publicar un comentario