ERRO NAS ACTIVIDADES
Dende a directiva da ANPA queremos pedir disculpas aos pais interesados na actividade de patinaxe, xa que non é de todo correcta a información que se pasou as familias.O curso pasado ofertamos nós a actividade de patinaxe a través da empresa Máis escola. Ao principio tivo bastante éxito dita actividade, xa que se apuntaron bastantes nen@s, pero ao longo do curso algúns deixáronno. Ao final de curso, quedaban 11 alumn@s, e este grupo participou nunha exhibición de Patinaxe Artística o 6 de maio en Chantada.
Neste curso, o Concello do Carballiño quixo ofertar esta actividade como unha escola deportiva coa mesma monitora. A información que tiña a directiva da ANPA era que tiña un custo de 60 euros/ano, que parece ser que é un erro, son 75 euros/ano.
A ANPA so pretendía que se dese publicidade a esta actividade pola grande aceptación que tivo, xa que ata o curso pasado nunca se ofertara nesta comarca.
Dende logo que o ideal sería que o Concello do Carballiño contase coa colaboración e sobre todo, coordinación, coa ANPA "A UCEIRA" do CEIP Calvo Sotelo, para a programación das distintas actividades.
Esperamos que este malentendido non afecte a todos os pais interesados en que os seus fillos realicen esta actividade.
Atentamente, a directiva da ANPA
.png)
0 comentarios:
Publicar un comentario