Xornada sobre a LEI WERT

15:46 0 Comentarios

Enviamos información sobre a xornada-coloquio organizada por CONFAPA Galicia para este sábado día 27 de outubro do 2012 na Coruña, sobre a LEI WERT.

Posto que dende a CONFAPA consideramos que é unha cuestión importantísima para o futuro da educación dos nosos fillos e fillas, animámosvos a que participedes e organizamos a viaxe e a comida para que poida acudir todo aquel membro das asociacións de pais e nais que esté interesado.

A saída en bus terá lugar o sábado 27 de outubro ás 8.30 hrs da mañá dende o Parque de San Lázaro, para trasladarnos á cidade de A Coruña, onde terá lugar a charla -coloquio e ao finalizar teremos unha comida antes de regresar a Ourense.
O importe por persoa será de 5 €, que inclúe o transporte e a comida. 

Achegamos, ademáis da información e o cartaz, as follas de inscrición para que as cubran e nolas fagan chegar antes deste xoves 25 e nos avisen do número de persoas que queren ir, ben por correo electrónico ou por teléfono.




0 comentarios: