RELACIÓN DE ADMITIDOS NAS ACTIVIDADES PARA O CURSO 2011-2012

23:29 0 Comentarios





0 comentarios:

21:43 0 Comentarios

ANPA A UCEIRA CEIP CALVO SOTELO
ACTIVIDADES CURSO 2011-2012
Ola a tod@s:
            Dende a ANPA A Uceira queremos ofertar unha serie de actividades que desenvolveremos ao longo deste curso. Están abertas a todos os nen@s, pero terán preferencia os socios da ANPA donde o número de prazas sexa menor ao número de rapaces apuntados. É necesario que cubrades a ficha que figura no fondo desta folla e nola fagades chegar depositándoa nos buzóns da ANPA instalados en cada un dos edificios do colexio. O prazo para anotarse é ata o día 14 de outubro.
No Blog da ANPA anpaauceira.blogspot.com atoparedes información puntual sobre as mesmas. As actividades que se van a levar a cabo son as seguintes:
PINTURA: Terá unha custo de 20 euros/anual por familia para o mantemento da aula. Será os venres a partir das 16,00 h no Local Sindical.
TEATRO: será os sábados pola mañá de 11 a 12 h no Casino.
MICOLOXÍA: as saídas serán os sábados pola mañá.
INFORMÁTICA: será os sábados de 12:00 – 13:00 h  na aula do Concello.
HORTA ECOLÓXICA: con actividades non só de horta, senón tamén facer un viveiro de prantas e arbustos e outro de árbores. Tamén vai haber cursos e actividades medioambientais. Proxecto Voz Natura. Tamén é os sábados a partir das 11 h.
OBRADOIROS DE MÚSICA MODERNA: iniciación e perfeccionamento en guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería, teclados, canto, percusión). 1 hora tódolos sábados (atoparedes máis información no Casino). Estamos negociando un desconto para os socios da ANPA).
INGLÉS: 21,24 €/mes, 2 horas/ 1 día a semana (martes, mércores ou xoves). Debedes poñer o día que vos interesa.  De 6 a 12 anos. Mínimo de 8 alumn@s e 15 de máximo.
TALLER DE PSICOMOTRICIDADE: 21,24 €/mes, 1 hora/ dúas veces a semana. Para alumnos de 3 a 6 anos.
MANUALIDADES: 21,24 €/mes, 1 hora/dúas veces a semana. De 6 a 12 anos.  Mínimo de 8 alumn@s e 15 de máximo.
PATINAXE: 21,24 €/mes, 1 hora/dúas veces a semana. A partir de 6 anos en diante. Poñede o día que preferides.
As actividades de Inglés, Taller de psicomotricidade, Manualidades e Patinaxe serán impartidas por persoas especialistas nas diferentes materias e serán a cargo da empresa + ESCOLA.

SOLICITUDE ACTIVIDADES

Nome do nen@:

Idade:
Pai/Nai (deberá figurar o mesmo que ingresou a cuota no banco):

Actividades solicitadas:



Teléfono:

e-mail:

0 comentarios:

CURSO ESCOLAR 2011/2012

20:17 0 Comentarios

A ANPA A UCEIRA do CEIP Calvo Sotelo convoca a súa asemblea do  primeiro trimestre do curso 2011-2012, e convida, a todos os pais e nais, a participar nela, presentarnos as súas inquedanzas e manifestar as súas opinións. Celebrarase o día 6 de outubro, xoves, ás 20:00 horas na Casa da Cultura, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Informe sobre o estado de contas e número de soci@s.
3. Proposta de actividades a desenvolver ao longo do curso.
4. Suxestións e preguntas.

Recordarvos que tod@s aqueles que aínda non son soci@s, podedes facervos na propia asemblea ou ingresando a cuota de 10 euros na conta da Caixa Rural.


0 comentarios:

MAÑÁ TOD@S TEMOS UNHA CITA NA PRAZA MAIOR.

21:04 0 Comentarios


 Con motivo da celebración do Día do Libro o vindeiro 06 de maio, dende a Anpa A Uceira do CEIP Calvo Sotelo queremos fomentar a lectura entre os nenos e nenas do colexio e da vila. Por este motivo organizaremos, entre as  19,30 horas e as 20,30 horas, un mercadillo de intercambio e préstamo de libros na Praza Maior, ao que animamos a asistir a todos os rapaces, nais e pais. Para poder participar só teñen que traer algún libro que non lles importaría cambiar por outro, ou simplemente prestalo para que outros o poidan ler. Entre todos os participantes sortearanse vales para poder mercar libros nas librarías do Carballiño. Contamos para elo coa colaboración das librerías Escolma, Castro e Ábaco.

0 comentarios:

ACTIVIDADE DE TEATRO

14:51 0 Comentarios

O venres 18 de marzo, ás 19:00 h no Casino terá lugar a actividade  O ACTOR NO SEU MEDIO na que actores de distintos medios contan as súas experiencias. 
Está dirixida a todo tipo de público: nen@s, pais...Estades tod@s convidad@s.

0 comentarios:

COMEZO DA HORTA ECOLÓXICO MAÑÁ MARTES.

14:46 0 Comentarios

A horta ecolóxica  será  os martes de 17:30 a 19:00 máis ou menos. Será no Centro medioambiental e de interpretación da natureza (antiga caseta do peón caminero). Haberá actividades de horta, construcción de semilleiros, viveiro de prantas, actividades e xogos mediambientais,etc

O PRAZO DE INSCRICIÓNS É ATA O 25 DE MARZO.
Os interesad@s deberán dirixirse á Área de Medio Ambiente do Concello de O Carballiño ou chamar por teléfono ao 988530007.

0 comentarios:

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

14:05 0 Comentarios

A Anpa A Uceira convoca a todos os pais e nais do CEIP Calvo Sotelo á asamblea ordinaria do 2º trimestre do curso 2010-2011 o vindeiro xoves, 3 de febreiro, ás 20:15 horas na Casa da Cultura, coa seguinte orde do día:
1º) Lectura e aprobación da acta anterior.
2º) Estado de contas.
3º) Balance das actividades que se están a realizar e novas propostas.
4º) Posible cambio de horario lectivo.
5º) Situación dos alumn@s de alternativa a relixión.
6º) Suxestións e preguntas. 


0 comentarios: