Concurso CABAZAS DE SAMAIN

17:11 0 Comentarios


Pon a túa foto dunha cabaza decorada polo teu neno ou nena e poderás gañar un conto "monstruoso", só tes que conseguir moitos Gústame ou Encántame.

IMPORTANTE: publicar as fotos no muro de este evento (unha vez no evento pulsa "Anadir Foto/Video"
Se tes dificultades ponte en contacto con nos.


Evento de Facebook (onde publicar as fotos)

BASES
1.- Organización
A Asociación de Páis e Nais do CEIP Calvo Sotelo - ANPA A Uceira organiza o CONCURSO denominado "CABAZAS DE SAMAIN"

2.- Obxeto e mecánica do concurso.
A participación se efectuará publicando unha foto dunha cabaza decorada polos nen@s fillos ou tutelados dos socios da ANPA A Uceira no evento "Concurso Cabaza Samaín" na páxina de Facebook da ANPA A Uceira. Só se permite unha foto por neno. Logo a foto que consiga que a suma maior de "Gústame/Me gusta" e "Encántame/Me encanta" será a gañadora do concurso.

Queda a decisión do tutor envíar a foto da cabaza soa ou acompañada polo neno.

Se eliminarán as participaciones inadecuadas ou que incumpran estas bases.

3.- Duración
A actividade comezará dende o momento de publicación do evento na páxina de Facebook ata as 23:59 do día 04/11/2015.

4.- Selección do gañador, comunicación e entrega
O gañador será o neno/nena que participa a través do perfil de Facebook que publicou a foto que obtivera a maior suma de "Gústame/Me gusta" e "Encántame/Me encanta" durante o tempo de duración do concurso.
Unha vez seleccionado porémonos en contacto co usuario do perfil para comunicarlle a selección.
A entrega farase preferiblemente nun acto durante a celebración do Magosto da ANPA A Uceira.

5.- Premios
O premio será un conto monstruoso.

6.- Aceptación de las bases.
A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante.


0 comentarios:

Obradoiro de micoloxía

10:38 0 Comentarios

 O día comenzou con choiva, pero cando nos chegamos o punto de encontro xa daba o sol.
Beni iniciou o obradoiro cunha breve charla na que nos introduciu no mundo da micoloxía e prestounos uns manuais para a saída.
Unha vez finalizada a explicación (aínda que estivo contando cousas durante as 3 horas da actividade) iniciamos a andaina na busca de cogumelos.


 Non tardamos moito en atopar os primeiros
Beni foi moi didactico e respondeu as consultas e dúbidas dos nenos e dos pais.
Vimos algunhas bonitas e outras non tanto. Pero foi moi interesante saber as súas características e usos.




Algúns pais se atreveron a probar algunha 'picante' dentro das explicacións.
Incluso atopamos unha pequena ra que era moi amistosa.
É moi importante limpar antes de meter na cesta, xa que así nos evitamos traballos e problemas posteriores.
Despois de 3 horas de paseo, charlas, 'escaladas' e recollidas; Beni revisou e repartiu os cogumelos e incluso nos deu consellos para cociñalas.

Gracias Beni.

0 comentarios:

Obradoiro de micoloxía sábado 24/10/15

12:30 0 Comentarios

O próximo sábado día 24 de outubro ás 10:30 terá lugar o OBRADOIRO DE MICOLOXÍA para socios impartido por Benito Banga.
Comezaremos na entrada do Parque Municipal (cruce Av. Vigo con Av. do Parque) e consistirá nun ameno paseo didáctico polo entorno do parque no que se falará da micoloxía con exemplos prácticos. Se alguén posúe manuais de micoloxía poderá traelos.
É obrigatorio que os rapaces acudan acompañados por un adulto e con roupa adecuada para a actividade (paseo polo parque). Se chove recoméndase chuvasqueiro, botas de auga e paraugas.

Prégase confirmar asistencia na páxina de Facebook ou no correo-e anpaauceira@gmail.com


0 comentarios: