VISITA A PISCIFACTORÍA 2015

17:03 0 Comentarios

Despois do adianto que fixemos na páxina de Facebook da Anpa, aquí vos contamos con máis detalle a visita que fixemos a Piscifactoría da Xunta de Galicia no Carballiño.

 Recibiunos o capataz Carlos. Que nos levou dentro do edificio principal e introduxo os nenos o mundo das piscifactorías e a repoboación dos ríos de Galicia.
Os nenos moi atentos ían coñecendo cousas fantasticas das piscifactorias. O primeiro que aprendemos: que na do Carballiño se crían troitas. Logo as partes das troitas, o número de ovos que poñen, como crían, canto miden....

Carlos tivo a todos atentos cas súas explicacións e aprenderon palabras máxicas e cantos de pesca.
Tamén vimos moitos, moitos bebes de troitas :)

Logo saímos a ver o resto das instalacións ata os canais. Alí Carlos achegou ós nenos unhas troitas para ver quen se atrevía a collelas nas mans; pero primeiro as palabras máxicas para durmilas.


Unha vez que xa se foron coñecendo máis das troitas, fomos a ver as grandes. Aquí estiveron intentando tocalas cas mans. Todo un pracer ver como se ían animando e perdendo o medo.



 Unha vez rematada a visita fumos ver a embarcación e Carlos foi un gran anfitrión e "regou" os rapaces un pouco. Menos mal porque ía moitisima calor.


Aquí máis fotos da visita. moitas gracias por participar.





0 comentarios:

Aclaración sobre a reunion de hoxe

16:53 0 Comentarios

Queríamos clarexar que o motivo fundamental da reunión e o problema que existe para os alumnos de 3° de primaria polo tema das axudas dos libros no curso 2015/2016. Se notificou no segundo curso mediante unha nota en papel por ser os principais afectados; pero non se distribuíu masivamente.
A maiores vía blogue, Facebook e whatsapp invitouse a asistir a pais non afectados polo problema que existe.
A maiores convocouse ao comite de seguimento da xornada escolar e transporte a continuación e infórmase deste feito nas distintas comunicacións.

Desculpade se non queda de todo claro.

0 comentarios:

AVISO IMPORTANTE SOBRE O XANTAR DE FIN DE CURSO DO DOMINGO

14:22 0 Comentarios

Estimadas familias:

Visto que o tempo non acompañará este fin de semana segundo as previsións e que posiblemente o parque este humido ou con lama; imos a trasladar o xantar do domingo para o pavillón do Calvo Sotelo.

Por favor difundide esta información para que non quede ningún despistado.

Un saúdo.

0 comentarios:

Reunión sobre axudas de libros e transporte escolar

16:31 0 Comentarios

Estimados pais e nais:

Convocamos reunión para mañá venres día 12 de xuño as 17:30 no Casino do Carballiño onde se informará ás familias interesadas (en especial ás que para o 2015/2016 cursen 3° de primaria) en relación ca recente orde da Xunta de Galicia de axudas para libros e fondos de libros.

 

0 comentarios:

Actividades xuño 2015

13:50 0 Comentarios


ANPA A UCEIRA INFORMA

Durante este mes de xuño terán lugar as seguintes actividades sen custo:
XANTAR FIN DE CURSO DA ANPA o domingo día 14 de xuño a partir das 14:00h no recinto do Parque Municipal. A asistencia e libre (pode vir xente de fora da ANPA). Cada familia deberá traer o seu xantar. Unha vez rematada o xantar teremos animación a cargo de DJ TIBU.

VISITA A PISCIFACTORIA o venres 19 de xuño ás 18:00h. O número de prazas é limitado polo que se estades interesados apuntádevos canto antes (correo-e anpaauceira@gmail.com, na páxina de facebook da ANPA).


A nota chegarán entre hoxe e maña polos nenos.

0 comentarios: