Reunión do comité sobre cambio horario

17:35 0 Comentarios

Onte asistimos parte da directiva a unha reunión no cole para participar na comisión sobre o cambio horario.
Está é a terceira vez que nos reunimos con profesores do centro nesta comisión. Nesta ocasión valoramos a colaboración que nos fixeron dende os sindicatos sobre a nosa problemática do horario do centro.
Ademais definimos as vindeiras liñas de actuación e engadimos a novos membros a mesma como máis mestres e representantes de pais.


0 comentarios:

NOTA INFORMATIVA MAGOSTO, CARNÉS, ENTROIDO E OBRADOIRO DE MICOLOXÍA

0:00 0 Comentarios

Ola a todos, informarvos de que remitimos hoxe a seguinte nota na que tratamos o tema dos carnés de socios con descontos co CCA, o magosto e entroido:

FESTA MAGOSTO ANPA

O venres 17/11/2017 a partir das 18:00 celebraremos o magosto no pavillón do edificio Calvo Sotelo. Haberá animación musical, xogos, castañas, bolos preñados e chocolate con biscoitos. Se alguén quere pode traer algunha larpeirada.
Custo por familia: 3€ socios; os non socios deberán aboar 5€/adulto e 1€/neno.
Todos os que queirades participar deberedes anotarvos o vindeiro venres 10/11/2017 de 18:00 a 19:00 na aula CeMIT do Concello (2º andar), se por algún motivo non vos podedes achegar dirixídevos a calquera membro da directiva para que tome nota ou enviade unha mensaxe o Facebook, correo-e ou Whatsapp.

ENTREGA CARNÉS SOCIOS

Os que sexades socios da ANPA podedes recoller os vosos carnés o 10/11/2017 de 18:00 a 19:00 na aula CeMIT do Concello (2º andar) ou tamén durante a festa de Magosto da ANPA. Recorda que para beneficiarte dos descontos do convenio asinado co Centro Comercial Aberto do Carballiño tes que presentar o carné de socio e DNI nos locais adheridos.
Se aínda non es socio podes facerte pagando os 10€ de cota por familia para este curso na conta da ANPA na Caixa Rural Galega ou pagando a cota directamente na aula CeMIT o día 10/11/2017 de 18h a 19h.

ENTROIDO 2018

Estamos comezando a facer o grupo para a comparsa do próximo Entroido. Os interesados deben porse en contacto con algún membro da directiva ou enviarnos unha mensaxe a través do Facebook, correo-e ou Whatsapp.

OBRADOIRO DE MICOLOXÍA

Este ano estamos pendentes das condicións climatolóxicas para realizar este obradoiro. En canto sexa posible porémonos en contacto cos socios.

0 comentarios: