XORNADA DE MICOLOXÍA

16:07 0 Comentarios

DOMINGO MICOLÓXICO

   Hoxe aprendemos moito de cogumelos con Beni (papi de Paula, e membro da directiva da ANPA).
A xornada empezou ás 11:30 con unha explicación sobre distinta variedades de cogumelos que xa traía el, e despois paseamos durante 2 horas polo parque na busca de máis. Os pequenos corrían dun lado a outro buscando o cogumelo máis bonito, máis grande... avisando para que lle fixésemos foto ... discutindo se eran comestibles ou non...e preguntándolle a Beni todas as súas dúbidas.
Gracias as 30 persoas que nos acompañaron nesta mañá soleada  e gracias a Beni polo seu tempo e paciencia. Canto sabe este home!! :)
Recordade o que nos dixo... "diante dunha seta non existe a dúbida... se dubido... non a como".
































0 comentarios:

DÍA INTERNACIONAL DOS ESTUDIANTES

16:01 0 Comentarios

FESTA DE OUTONO

   Hoxe celebramos o Día Internacional dos Estudiantes con unha tarde chea de actividades.

CONTOS QUE QUERO CONTAR

En primeiro lugar asistimos a unha contada da man de Miguel Ángel Alonso Diz, docente, autor de varios libros como "O cullarapo Croque", "O soño de Eshter", "Música no faiado", "A nena á que non deixaban ser feliz", "O valente coello que quixo soñar", "Mel, unha mosca agradecida"...Ademáis de todo esto é unha gran persona, con uns marabillosos valores que transmite nas súas contadas, e tamén o papá de Esther e Enma :). Pasamos hora e media de risas, diversión, interección, imaxinación e aventuras.














   O rematar a contada sorteamos un exemplar do seu último libro, gracias os amigos de Escolma libraría.


CHOCOLATADA
 Despois da contada, que mellor que un chocolate para coller forza para a nosa búsqueda do tesouro... Carina de Comonacasa encargouse de prepararnos unha marabillosa merenda.







BÚSQUEDA DO TESOURO

  Despois da super enerxética merenda, os nosos piratas, repartidos en 4 grupos, invadiron as rúas do Carballiño na busca do seu botín.
As normas quedaron moi claras: non era unha competición, era un xogo de equipo, había que "invadir" os locais colaboradores, con educación e amabilidad, superar a pregunta cos piratas de esos locais nos fixesen e así conseguir a sinatura e o botín... e fixérono xenial.
A palabras Gracias quédase corta... Chikitines, Abaco, El Caserío, Papaventos, Plaza, e A Parada.... GRACIAS!! polo cariño, a paciencia, a colaboración, a implicación, os agasallos... mil gracias!!!
E gracias os peques piratas e os peques grandes que o fixeron xenial.


























GRACIAS AS MAIS DE 70 PERSOAS QUE FORMASTES PARTE DE ESTA TARDE MARABILLOSA, intentaremos aumentar aforo para próximas actividades de interior ;)

0 comentarios: