Reunión do comité sobre cambio horario

17:35 0 Comentarios

Onte asistimos parte da directiva a unha reunión no cole para participar na comisión sobre o cambio horario.
Está é a terceira vez que nos reunimos con profesores do centro nesta comisión. Nesta ocasión valoramos a colaboración que nos fixeron dende os sindicatos sobre a nosa problemática do horario do centro.
Ademais definimos as vindeiras liñas de actuación e engadimos a novos membros a mesma como máis mestres e representantes de pais.


0 comentarios:

NOTA INFORMATIVA MAGOSTO, CARNÉS, ENTROIDO E OBRADOIRO DE MICOLOXÍA

0:00 0 Comentarios

Ola a todos, informarvos de que remitimos hoxe a seguinte nota na que tratamos o tema dos carnés de socios con descontos co CCA, o magosto e entroido:

FESTA MAGOSTO ANPA

O venres 17/11/2017 a partir das 18:00 celebraremos o magosto no pavillón do edificio Calvo Sotelo. Haberá animación musical, xogos, castañas, bolos preñados e chocolate con biscoitos. Se alguén quere pode traer algunha larpeirada.
Custo por familia: 3€ socios; os non socios deberán aboar 5€/adulto e 1€/neno.
Todos os que queirades participar deberedes anotarvos o vindeiro venres 10/11/2017 de 18:00 a 19:00 na aula CeMIT do Concello (2º andar), se por algún motivo non vos podedes achegar dirixídevos a calquera membro da directiva para que tome nota ou enviade unha mensaxe o Facebook, correo-e ou Whatsapp.

ENTREGA CARNÉS SOCIOS

Os que sexades socios da ANPA podedes recoller os vosos carnés o 10/11/2017 de 18:00 a 19:00 na aula CeMIT do Concello (2º andar) ou tamén durante a festa de Magosto da ANPA. Recorda que para beneficiarte dos descontos do convenio asinado co Centro Comercial Aberto do Carballiño tes que presentar o carné de socio e DNI nos locais adheridos.
Se aínda non es socio podes facerte pagando os 10€ de cota por familia para este curso na conta da ANPA na Caixa Rural Galega ou pagando a cota directamente na aula CeMIT o día 10/11/2017 de 18h a 19h.

ENTROIDO 2018

Estamos comezando a facer o grupo para a comparsa do próximo Entroido. Os interesados deben porse en contacto con algún membro da directiva ou enviarnos unha mensaxe a través do Facebook, correo-e ou Whatsapp.

OBRADOIRO DE MICOLOXÍA

Este ano estamos pendentes das condicións climatolóxicas para realizar este obradoiro. En canto sexa posible porémonos en contacto cos socios.

0 comentarios:

Obradoiro "Pupas, sustos e outros disgustos"

11:54 0 Comentarios

Onte día​ 17 de xuño celebramos ás 11:00 no patio do edificio Calvo Sotelo a 2a edición do obradoiro “PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS” de primeiros auxilios para nenos ca colaboración de Ambulancias as Burgas e o Concello do Carballiño.

Contamos ca colaboración de 4 enfermeiras voluntarias, 1 estudiante de enfermería e 2 técnicos de emerxencias.

Nesta segunda edición os 30 nenos e nenas que participaron na actividade aprenderon a tomarse a temperatura, a importancia de lavar ben as feridas, a manobra de Heimlich, que facer cun queimadura, como alertar aos servizos sanitarios e outras cousas básicas en caso de pupas e non ter sustos nin levar disgustos.

Cantaron unha canción para aprender a importancia do número 112 de emerxencias e subiron e revisaron unha ambulancia de verdade con dous técnicos cualificados.

Dende a ANPA queremos agradecer a Vero, Bea, Aida, Elvira, Lu, Manu e Miguel por adicar este ratiño cos cativos. Agradecer tamén a Ambulancias as Burgas, a o Concello do Carballiño e a o CEIP Calvo Sotelo por colaborar con nos nesta iniciativa.

0 comentarios:

Obradoiro "Pupas, sustos e outros disgustos" e xantar fin de curso

14:34 0 Comentarios

OBRADOIRO
PUPAS SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS
O sábado 17 de xuño ás 11:00 no patio do edificio Calvo Sotelo terá lugar a segunda edición do curso de primeiros auxilios: “Pupas, Sustos e outros Disgustos”. Impartido por persoal sanitario. Está destinado a nenos/as tanto de infantil como de primaria. Cada neno/a terá que traer unha esterilla ou toalla, un boneco de peluche de tamaño mediano e roupa cómoda.
Unha vez mais contamos cá colaboración do Concello do Carballiño e de Ambulancias As Burgas. O obradoiro é gratuito para os socios da ANPA os que non o son deberán pagar os 10€ correspondentes da cuota.
O número de prazas é limitado e aberto a todos os nenos do centro con preferencia para socios da ANPA, polo que se estades interesados apuntádevos canto antes (correo-e anpaauceira@gmail.com, na páxina de facebook da ANPA).

XANTAR FIN DE CURSO
O vindeiro sábado 24/06/2017 a partir das 14:00 no pavillón e patio do edificio Calvo Sotelo terá lugar un xantar para as familias do centro. Cada familia deberá traer o seu propio xantar e invitados.

Despois teremos animación e música con DJ Tibu.

0 comentarios:

Obradoiro Día da Nai​

23:00 0 Comentarios

Fai uns días​ fixemos un obradoiro para preparar unha cousiña as nosas nais.

As nenas e os nenos fixeron unhas flores e unhas pulseiras moi bonitas. Para elo empregaron distintos materias baixo a guía das nosas voluntarias Sonia e Vero.

Quedaron moi chulas e só podemos felicitalos polo seu traballo.

Moitas gracias ás nosas monitoras voluntarias Sonia e Vero.






























0 comentarios:

Entrega de carnets do convenio co CCA

21:21 0 Comentarios

Ben prezados asociados:

Tiñamos pendiente a entrega dos carnets da ANPA dentro do convenio recentemente asinado co CCA.

Dita entrega será o vindeiro luns 13 de marzo entre as 18:30 e 19:30 na aula CeMIT do Concello do Carballiño (2° andar da Casa do Concello). Se non podes asistir teredes que contactar con algún membro da directiva posteriormente.

Para recollelo e necesario ter pagada a cuota de socio para o curso 2016/2017, e traer o dni do pai e da nai socios da ANPA.

Recordar que o carnet identificaravos diante dos comercios participantes para así poder acadar descontos e promocións.

Un saúdo.

0 comentarios:

Convenio co Centro Comercial Aberto do Carballiño

15:29 0 Comentarios

Foto do Concello do Carballiño
Onte asinamos un convenio xunto con outras ANPAs do Concello do Carballiño co CCA (ASOCIACIÓN CARBALLIÑO-CENTRO COMERCIAL ABERTO) para que todas as familias se beneficien de descontos e promocións nos comercios adheridos. Neste acto partipamos os presidentes das ANPAs xunto con Julián Garriga (Presidente do Centro Comercial Aberto do Carballiño) e con Adolfo Nogueira (Concelleiro de Promoción Económica do Concello do Carballiño)

A sinatura deste convenio cumpre cun dos obxetivos marcados pola directiva para este ano.


Para que os socios se podan beneficiar deste convenio é imprescindible presentar nos establecementos o carné ANPA-CCA. Nos vindeiros días facilitaremos a información de como obtelo.

0 comentarios:

Charla Redes Sociais: retos e oportunidades

21:00 0 Comentarios

O pasado venres tivemos unha actividado organizada cos compañeiros da ANPA Virxe da Sela e o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia) e ca colaboración do Concello do Carballiño.

O orador foi D. Fernando Suárez presidente do CPEIG que nos fixo unha explicación clara e sen alarmismo da realidade tecnolóxica en que vivimos e que acompaña ou acompañará aos nosos fillos e fillas.

O Sr. Suárez explicou con claridade a súa opinión sobre o contexto actual e os riscos e oportunidades que teran os rapaces en relación o uso da tecnoloxía, e máis concretamente o tema das redes sociais. Abordou todas as problemáticas relacionadas cas redes sociais e atendeu todas as preocupacións dos asistentes nun linguaxe claro, aportando consellos e solucións prácticas o alcance de calquera sen necesidade de ser un experto tecnolóxico.

Agradecer novamente ao CPEIG a súa participación nesta actividade e a todos os participantes na mesma.

0 comentarios: