Eleccións dos representantes de nais e pais ao consello escolar

19:58 0 Comentarios

ELECCION DOS REPRESENTANTES DE NAIS OU TITORES LEGAIS DO
ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR.
CIRCULAR INFORMATIVA
Relación de pals e nais candidatos para a elección.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección
dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do
Centro, segundo convocatoria do catro do mes en curso. a XUNTA ELECTORAL deste
Colexio fai publica a relación de nomes dos candidatos que se presentan a referida
elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
- Banga Rodríguez, Benito José
- Costa Rodríguez, Francisco Javier
- Santiago Janeiro, Mª Elvira
Segundo o establecido no Artigo 4° do Decreto 374/1.996, do 17 de Outubro
(DOG do 21) corresponde elexir no presente proceso electoral a 2, dun total decinco que debe ter o Consello Escotar. Os outros representantes de pais continuancomo consecuencia da sua eleccion anterior no ano 2.012.
Segundo o punto 5° da Convocatoria de elección de pais para o ConselloEscolar do 4 de Novembro, a campana electoral comprenderá dende o 18 ao 23 denovembro, ambos dias inclusive.
O que se fai publico para xeral coñecemento.
De acordo coa convocatoria do día catro do mes en curso. o próximo dia 24,
luns, en horario de 17:00 a 20:00 horas, celebranse neste Centro a votación para
a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no
Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como sesinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

1º.- Quen pode votar.
Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado
matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a sua exposición pública regulamentaria.
Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e a nai, podendo votar ambos
os dous.

2º.- Modo de emitir o voto.
a) 0 voto será directo, secreto e non delegable.
b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obligatoriamente, os
previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade
sufiente no local da votacion.
c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos e cada elector debera marcar cunha cruz un maximo de 1 nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a sua
personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I, ou
documento similar.
d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que
será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do
alumnado a que participen o próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible
de pais e nais no Consello Escolar.

0 Carballiño, a 17 de Novembro de 2.014
A DIRECTORA DO CENTRO

0 comentarios: