ESTE VENRES TOCA PELI

10:49 0 Comentarios

O seu protagonista é Wilbur, un porquino que coñece que o seu fin é ir a parar a un prato dunha mesa. Coa axuda dunha araña tentará non rematar así. Ficha completa da película .

Baseada na obra de E. B. White e ilustrado por Garth Willians, tivo un gran éxito a nivel mundial.

A cita coma sempre no Auditorio, o venres 30, ás 16:30.



0 comentarios:

FOTOS DO DÍA DO LIBRO

18:52 0 Comentarios

Pola mañá visita d@s nen@s de primeiro ao IES Nº1, para unha sesión de contacontos.



 
Pola tarde, na Praza Maior, máis fotos do mercadillo.

 

0 comentarios:

MERCADILLO DE LIBROS NA PRAZA MAIOR

21:56 0 Comentarios

Entre as 7:30 e as 8:30 @s nen@s participantes foron colocando os libros nesta longa mesa. Unha vez que depositaron o libro a cada nen@ éntregoúselle un papeliño con un número e collía outro libro. Tratábase dun troco no que podía participar calquera persoa, sen importar a idade ou centro no que se estivese escolarizado.



Despois so había que esperar que comezara o sorteo. Eran 15 vales de 10€ das librarías Escolma, Ábaco e Castro ás que agradecemos a súa colaboración.
E por fin os números entregados foron cambiados por vales. Ademais, entre os membros da ANPA, sorteáronse vales de 5 € de desconto para mercar  un libro. Este desconto será válido ata o 16 de maio de 2010.

Os nosos parabens para tod@s @s premiad@s.

0 comentarios:

A SEMANA DO LIBRO...

15:53 3 Comentarios

ademais dunha morea de libros e actividades, tamén nos trouxo un agasallo moi especial. Un logo para nós. Temos que darlle unha morea de grazas a Suso Obenza que foi quen o creou.



Xa dentro das actividades,  o venres 23 os nenos e nenas de 1º de primaria visitarán pola mañá a biblioteca do IES Nº1, onde varios alumnos do mesmo farán de contacontos para eles. Haberá tamén unha representación de Kamisibay, un teatrillo tradicional chinés. Esta actividade está organizada en colaboración co equipo de biblioteca do instituto.




Xa pola tarde ese mesmo día, entre as 19,30 horas e as 20,30 horas haberá un mercadillo de intercambio e préstamo de libros na Praza Maior, ao que animamos a asistir a todos os rapaces, nais e pais. Para poder participar só teñen que traer algún libro que non lles importaría cambiar por outro, ou simplemente prestalo para que outros o poidan ler. Entre todos os participantes sortearanse vales para poder mercar libros nas librarías do Carballiño. Contamos para elo coa colaboración das librerías Escolma e Castro, aínda que esperamos que outras se sumen tamén á iniciativa.
Cada nen@ participante terá que cubrir unha ficha como esta.

3 comentarios:

SEMANA DO LIBRO

11:37 0 Comentarios

O 23 de abril é o DÍA MUNDIAL DO LIBRO e dos dereitos de autor.
Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editoral e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.
O 23 de abril de 1616 morreron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola UNESCO para rendir homenaxe mundial aos libros e aos autores.


Existen multitude de actividades e iniciativas en distintas partes do mundo para celebrar este día.
Se queredes ter máis información, na páxina da UNESCO atoparédela, xunto co cartel conmemorativo do ano 2010.


 Nós, dentro das nosas pequenas posibilidades, tamén queremos poñer o noso gran de area. E como comezo, montamos unha pequena exposición de libros infantís que irá rotando polos tres edificios do noso cole. O calendario da exposición é a seguinte:

-Luns, 19 de abril, estarán no edificio Calvo Sotelo.
-Martes, 20 de abril, no Campo da Feira.
-Mércores, Xoves e Venres na Uceira.
Para que vos fagades unha idea, así quedou montada a exposición no Calvo Sotelo para que @s nen@s disfruten mañá cando cheguen ao cole.

                                     

E estes algúns dos títulos que nela se atopan.

Agradecerlle ao centro a colaboración prestada e que fai posible esta actividade.

Pero non pensedes que as actividades do Día do Libro rematan aquí. Ao longo da semana teredes novidades e actividades onde participar. Seguide consultando o blog.


0 comentarios:

REMATADA A PRIMEIRA PROXECCIÓN...

18:40 0 Comentarios

a ANPA mostra a súa satisfacción pola acollida que tivo a película escollida e anima a tod@s a seguir participando en todas as actividades propostas.
No suplemento da escola, do xornal La Región, sairán o mércores fotos dos asistentes.

0 comentarios:

ESTREAMOS CARTELERA

21:41 0 Comentarios

Este venres, ás 4:30 da tarde no Auditorio da comezo o Ciclo de cine coa proxección da película Tempos Modernos.

Todo un clásico do cine do ano 1936 dirixida e protagonizada por Charles Chaplin. Se queredes saber máis sobre a película pinchade enriba do enlace. Unha pequena mostra dela atopádela neste vídeo de You Tube, que nos ensina o trailer da película.

0 comentarios:

NOTA INFORMATIVA

23:52 1 Comentarios

ANPA A Uceira CEIP Calvo Sotelo

Actividades 3º trimestre, curso 2009-2010


Ola a tod@s:

Queremos aproveitar a ocasión para anunciarvos que a ANPA A Uceira está xa legalmente constituída, polo que xa podedes asociarvos todos e todas aquelas que queirades. A cuota é de 10 euros, a ingresar na oficina de Caixa Rural do Carballiño. O nº de conta é o seguinte: 3070 0039 02 6068445516. Animarvos a participar non só asociándovos, senón tamén coas vosas ideas e suxestións. Presentámosvos as actividades que programamos para este último trimestre do curso, e nas cales poden participar todos os nenos e nenas, así como pais e nais, independentemente de que sexan ou non socios. Todas elas son ademais de balde.

Ciclo de cine infantil e xuvenil: lévase a cabo sempre en venres, ás 16,30, no auditorio municipal, en colaboración coa Concellería de Educación e Cultura.

16 de abril: Tempos Modernos.

30 de abril: Carlota.

7 de maio: Bob Esponxa.

28 de maio: Toy Story.

11 de xuño: A idade de xeo.



Andainas:faranse tamén nas tardes dos venres. O día 14 de maio temos programad un roteiro polo camiño dos arrieiros. O 4 de xuño percorreremos a senda do río Arenteiro, acompañados dun experto en botánica e visitaremos o Museo etnográfico dos muíños. Cada roteiro ten aproximadamente uns 5 km de percorrido, para facelos asequibles a case que todas as idades.



23 de abril, día do libro: haberá un mercado de troco e préstamo de libros na Praza Maior, entre as 19,30 h. e as 20,30 h. Farase tamén unha exposición de libros e álbum ilustrado.



Letras galegas: o 16 de maio proxectarase no auditorio municipal, en colaboración coa Concellería de Educación e Cultura, unha escolma de curtametraxes de animación para nen@s de todas as idades.



Horto ecolóxico e aula mediambiental: imos facer un horto de agricultura ecolóxica onde todos os membros das familias poidan participar. Farase en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente, que programou ademáis un curso sobre agroecoloxía impartido por especialistas. Colabora con nós na xestións tamén a Asociación Cultural Pepa Loba. Esta actividade realizarase na antiga caseta do Peón caminero, no Parque municipal, e contará tamén con diversos talleres relacionados co medio ambiente e a natureza.

 

1 comentarios: