A SEMANA DO LIBRO...
ademais dunha morea de libros e actividades, tamén nos trouxo un agasallo moi especial. Un logo para nós. Temos que darlle unha morea de grazas a Suso Obenza que foi quen o creou.
Xa dentro das actividades, o venres 23 os nenos e nenas de 1º de primaria visitarán pola mañá a biblioteca do IES Nº1, onde varios alumnos do mesmo farán de contacontos para eles. Haberá tamén unha representación de Kamisibay, un teatrillo tradicional chinés. Esta actividade está organizada en colaboración co equipo de biblioteca do instituto.
Xa pola tarde ese mesmo día, entre as 19,30 horas e as 20,30 horas haberá un mercadillo de intercambio e préstamo de libros na Praza Maior, ao que animamos a asistir a todos os rapaces, nais e pais. Para poder participar só teñen que traer algún libro que non lles importaría cambiar por outro, ou simplemente prestalo para que outros o poidan ler. Entre todos os participantes sortearanse vales para poder mercar libros nas librarías do Carballiño. Contamos para elo coa colaboración das librerías Escolma e Castro, aínda que esperamos que outras se sumen tamén á iniciativa.
Cada nen@ participante terá que cubrir unha ficha como esta.
3 comentarios:
Creo que hai que felicitarvos, xa era hora de que alguén empezara a facer algo novedoso para os/as nenos/as do Carballiño. Aproveitar o Día do Libro paréceme unha idea moi boa, xa que incentivamos a lectura nos nenos, que neste tempo parece que está bastante olvidada en detrimento das dichosas maquiniñas que lle absorben o "coco" aos nosos fillos.
Alí estaremos !!!
Publicar un comentario