Reunión E-Dixgal e obradoiro día do pai

23:36 0 Comentarios

logo anpa.jpg
PROXECTO E-DIXGAL
O proxecto E-dixgal é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxecto o libro dixital nos centros educativos galegos. No noso centro leva xa dous cursos de funcionamento e debido ao interese de varias familias (tanto das que xa forman parte do programa como doutras) solicitamos ao centro unha reunión para facer unha posta en común entre a comunidade educativa do noso centro de dito programa.
Esta reunión para avaliar o programa E-DIXGAL terá lugar o mércores 02/03/2016 ás 18:30 no salón de actos do edificio principal na Uceira.
Solicitamos que tanto as persoas interesadas coma todas ás familias que participaron no programa intenten acudir xa que se pretenden os seguintes obxectivos:
  • escoitar por parte do persoal docente os beneficios e os impedimentos que dende o seu punto de vista ten o programa.
  • transmitir as experiencias positivas e negativas dende o punto de vistas das familias que participaron.
  • dúbidas e suxestións sobre o programa.

OBRADOIRO DÍA DO PAI
Por outra banda informar tamén de que o vindeiro día 12/03/2016 en horario de mañá teremos un obradoiro de manualidades de balde para socios impartido por nais e pais voluntari@s. Podédesvos inscribir por correo-e (anpaauceira@gmail.com) coma por unha mensaxe privada na páxina de Facebook.
As prazas son limitadas. No momento da inscrición informaremos do material necesario para a realización, lugar…

0 comentarios: