RELACIÓN DE ADMITIDOS NAS ACTIVIDADES PARA O CURSO 2011-2012

23:29 0 Comentarios





0 comentarios:

21:43 0 Comentarios

ANPA A UCEIRA CEIP CALVO SOTELO
ACTIVIDADES CURSO 2011-2012
Ola a tod@s:
            Dende a ANPA A Uceira queremos ofertar unha serie de actividades que desenvolveremos ao longo deste curso. Están abertas a todos os nen@s, pero terán preferencia os socios da ANPA donde o número de prazas sexa menor ao número de rapaces apuntados. É necesario que cubrades a ficha que figura no fondo desta folla e nola fagades chegar depositándoa nos buzóns da ANPA instalados en cada un dos edificios do colexio. O prazo para anotarse é ata o día 14 de outubro.
No Blog da ANPA anpaauceira.blogspot.com atoparedes información puntual sobre as mesmas. As actividades que se van a levar a cabo son as seguintes:
PINTURA: Terá unha custo de 20 euros/anual por familia para o mantemento da aula. Será os venres a partir das 16,00 h no Local Sindical.
TEATRO: será os sábados pola mañá de 11 a 12 h no Casino.
MICOLOXÍA: as saídas serán os sábados pola mañá.
INFORMÁTICA: será os sábados de 12:00 – 13:00 h  na aula do Concello.
HORTA ECOLÓXICA: con actividades non só de horta, senón tamén facer un viveiro de prantas e arbustos e outro de árbores. Tamén vai haber cursos e actividades medioambientais. Proxecto Voz Natura. Tamén é os sábados a partir das 11 h.
OBRADOIROS DE MÚSICA MODERNA: iniciación e perfeccionamento en guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería, teclados, canto, percusión). 1 hora tódolos sábados (atoparedes máis información no Casino). Estamos negociando un desconto para os socios da ANPA).
INGLÉS: 21,24 €/mes, 2 horas/ 1 día a semana (martes, mércores ou xoves). Debedes poñer o día que vos interesa.  De 6 a 12 anos. Mínimo de 8 alumn@s e 15 de máximo.
TALLER DE PSICOMOTRICIDADE: 21,24 €/mes, 1 hora/ dúas veces a semana. Para alumnos de 3 a 6 anos.
MANUALIDADES: 21,24 €/mes, 1 hora/dúas veces a semana. De 6 a 12 anos.  Mínimo de 8 alumn@s e 15 de máximo.
PATINAXE: 21,24 €/mes, 1 hora/dúas veces a semana. A partir de 6 anos en diante. Poñede o día que preferides.
As actividades de Inglés, Taller de psicomotricidade, Manualidades e Patinaxe serán impartidas por persoas especialistas nas diferentes materias e serán a cargo da empresa + ESCOLA.

SOLICITUDE ACTIVIDADES

Nome do nen@:

Idade:
Pai/Nai (deberá figurar o mesmo que ingresou a cuota no banco):

Actividades solicitadas:



Teléfono:

e-mail:

0 comentarios:

CURSO ESCOLAR 2011/2012

20:17 0 Comentarios

A ANPA A UCEIRA do CEIP Calvo Sotelo convoca a súa asemblea do  primeiro trimestre do curso 2011-2012, e convida, a todos os pais e nais, a participar nela, presentarnos as súas inquedanzas e manifestar as súas opinións. Celebrarase o día 6 de outubro, xoves, ás 20:00 horas na Casa da Cultura, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Informe sobre o estado de contas e número de soci@s.
3. Proposta de actividades a desenvolver ao longo do curso.
4. Suxestións e preguntas.

Recordarvos que tod@s aqueles que aínda non son soci@s, podedes facervos na propia asemblea ou ingresando a cuota de 10 euros na conta da Caixa Rural.


0 comentarios: