MAGOSTO 2012

19:27 0 Comentarios

Aquí podedes ver algunhas das fotos da festa do magosto, que tivo lugar o 16 de novembro de 2012 no edificio do Calvo Sotelo.
Dende a directiva da ANPA queremos agradecer a vosa asistencia a celebración desta festa tan popular.







 

0 comentarios:

CINE 9 DE NOVEMBRO

19:53 0 Comentarios



     Ola a todas e todos: este venres día 9 , dentro do programa de colaboración entre o Cine Club Carballiño e a ANPA A Uceira proxectamos a película francesa de animación El Ilusionista (2010), considerada pola crítica como unha obra mestra e apta para todos os públicos. A cinta foi dirixida por Sylvain Chomet e recibiu numerosos premios internacionais. A súa duración é de 76 minutos. Haberá unha sesión especial ás 18:00 horas, a un prezo de 2,5 euros a entrada, tanto para nen@s como para adultos que os acompañen. Ás 20:00 e ás 23:00 horas haberá tamén as sesións habituais. Un saúdo.

                            

0 comentarios:

MAGOSTO 2012

19:51 0 Comentarios



A ANPA a Uceira informa que o vindeiro venres, 16 de novembro a partires das 17:00 horas celebraremos no grupo Calvo Sotelo  o MAGOSTO. Haberá castañas, bolos preñados e chocolate con biscoitos ademais de bebidas variadas. Se alguén quere, pode  traer algunha larpeirada. Custo por familia 3 € para os socios e os non socios terán que aboar 5 €. Todos os que queirades participar tedes que anotarvos o vindeiro venres 9 de novembro de 5 a 6 h na planta baixa do edificio da sindical (na aula de pintura), e se por algún motivo non vos podedes achegar dirixirvos a calquera membro da directiva para que tome nota.

0 comentarios: