COMUNICADO SOBRE A REVÁLIDA DE 3º ED. PRIMARIA.

Trasladamos as familias a postura adoptada pola Confederación Galega de Anpas e Centros Públicos e a Federación Provincial en relación ca proba de terceiro de primaria por estas e outras razóns:
• PODE QUE SE TEÑA EN CONTA PARA A REPETICIÓN DO ALUMNADO
• AVALÍA ÚNICAMENTE AS COMPETENCIAS DE LINGUA E MATEMÄTICAS.
• CLASIFICA AO ALUMNADO DESDE IDADES TEMPERÁS, AO REFLECTIRSE O SEU RESULTADO NO EXPEDIENTE.
• NON SE ADAPTA AO ALUMNADO CON MAIS DIFICULTADES AO PROPOR SOAMENTE ADAPTACIÓNS DE TEMPO E TÉCNICAS.
• FOMENTA A COMPETENCIA ENTRE OS CENTROS E A SÚA ESTIGMATIZACIÓN.
• NON TERÁ EN CONTA AS VARIABLES CONTEXTUAIS DOS CENTROS, AO CENTRARSE NUN ÚNICO ASPECTO DO SISTEMA DE APRENDIZAXE.
• DESCONFÍA DA PROFESIONALIDADE DO PROFESORADO SOMETENDO A VERIFICACIÓN A VALORACIÓN DA PROBA EXTERNA.
• DESAUTORIZA AO PROFESORADO ROMPENDO A AVALIACIÓN CONTÍNUA QUE XA FAI DO SEU ALUMNADO.
• SOMETE AOS NENOS E NENAS A UN ESTRÉS INNECESARIO.
• INCREMENTA A CARGA DE TRABALLO NOS CENTROS NO FINAL DO CURSO; POLAS TAREFAS PROPIAS DE EXECUCIÓN E VALORACIÓN DESTA PROBA INDIVIDUAL.
• NON SERVIRÍA PARA MELLORAR A CALIDADE, CANDO SEGUIMOS RECORTANDO EN PROFESORADO E EN PLANS DE MELLORA EDUCATIVA.

Charla informativa
O martes día 26 de maio as 17:15 estaremos no edificio da Uceira para charlar cos pais e nais sobre esta proba.

Documentación relacionada
Nesta ligazón pódense ver os documentos adxuntos (comunicados, xustificantes, solicitude de información, comunicación ó conselleiro sen resposta)

Comunicado da CONFAPA
A Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos remitíu nos primeiros días do mes de abril un escrito ao Conselleiro de Educación solicitándolle información sobre a incidencia da proba externa no expediente do alumnado así como os reforzos e as axudas previstas para os alumnos e/ou grupos de aula que non superen a proba. Ata o día de hoxe non obtivemos resposta por escrito e o Consello Escolar de Galicia remitíunos á Consellería.
Este silencio por parte da Administración nos preocupa e o noso deber é transmitirllelo así ás familias.

O que se propón avaliar coa reválida son os resultados obtidos polo alumnado en dous campos concretos: os de competencias lingüísticas e matemática. Non avalía nada máis, nin o entorno socio-económico e cultural no que se sitúa o centro educativo nin os programas, recursos, etc. que se están aplicando no centro; nin sequera a situación de partida do alumnado avaliado.
O que prima, seguindo o espírito da LOMCE que nós rexeitamos, son as cualificacións, os resultados: non importan os procesos educativos nin a forma de aprender. Isto levará a unha clasificación do alumnado segundo a cualificación obtida e a un ranking de centros escolares en función tamén dun resultado.

Por segregadora, por antipedagóxica e por resultadista CONFAPA-GALICIA rexeita frontalmente a proba externa pensada para 3º de Educación Primaria á que seguirán outras probas similares ao longo do periplo académico dos nosos fillos e fillas no marco dunha Lei Educativa feita sen contar cos axentes educativos e aprobada por un único partido político.

A través das catro federacións que compoñen CONFAPA-GALICIA, iniciouse o despliegue a cada Asociación de Nais e Pais do Alumnado de documentos para que as familias, libremente, decidan sobre a conveniencia ou non de que as súas fillas e os seus fillos se presten a un experimento do que nada positivo van a obter, dado o silencio da Consellería sobre o asunto.

Reclamamos ao Conselleiro de Educación unha información seria e veraz sobre esta proba externa. Non estamos dispostos a que se confunda aos cidadáns facendo referencias ás avaliacións  de diagnóstico que nada tiñan que ver cunha reválida externa. Queremos unha resposta detallada e por escrito ao que hai tempo lle demandamos.--

A misma resposta, (ningunha), fói a recibida polas ANPAs e polas federacións provinciáis.

Por todas esas razóns a Federación Provincial de ANPAS de Ourense e CONFAPA reiteramos a nosa oposición frontal a esta lei nefasta, rexeitada por toda a comunidade educativa, solicitando á Consellería de Educación a inmediata paralización e retirada da proba, a chamada reválida de 3º de Primaria.

Igualmente reiteramos o noso absoluto apoio as familias do alumnado de 3º de EP que, co fin de evitar consecuencias negativas para os seus fillos e fillas, adopten a decisión de que non acudan ao colexio nas datas da proba (27 e 28 de maio). Para estas familias poñemos a súa  disposición o modelo-xustificante deseñado e que pedimosvos lles facilitedes, así como a asistencia técnica correspondente da propia Federación.

A Federación Provincial e CONFAPA GALICIA en nome do movemento asociativo de nais e pais de Galicia, reiteran o seu compromiso de participar activamente na derogación desta lei nefasta, xunto as demáis organizacións sociáis representativas dos outros sectores da comunidade educativa galega.

Ligazóns
Documentación relacionada

Información FAPA Ourense

0 comentarios: