Segunda quenda do obradoiro de informática - programación

16:24 , 0 Comentarios


Obradoiro de iniciación a programación

Hoxe celebramos na aula CeMIT do Concello do Carballiño a segunda quenda do obradoiro de informática para nenos de primaria. Como xa son uns expertos cos ordenadores fixemos un obradoiro de introducción a programación. Utilizamos unha ferramenta chamada Scratch para realizar a práctica. Tódolos rapaces fixeron uns pianos chulísimos nesta hora na que prestaron moita atención e curiosidade; ademais de axudarse uns a outros durante toda a actividade.

Moitas grazas por participar!!!!

Proyectos de pianos

0 comentarios:

Quenda dos peques de informática

23:19 0 Comentarios

Hoxe tivemos a quenda dos peques do obradoiro de informática e pasámolo xenial. Tivemos tempo para uns xogos e marcamos uns cantos goles ó pingüín.
E mereceron de sobra o diploma.

Moitas gracias rapaces por participar.

 Usamos Gcompris 


0 comentarios:

Actividades decembro e asamblea

14:55 0 Comentarios


REUNIÓN ENTROIDO o venrés 27/11/2015 as 19:30 no salón de actos do Casino.
ASAMBLA EXTRAORDINARIA o venrés 27/11/2015 as 20:00h en 1ª convocatorioa e 20:30h en 2ª no salón de actos do Casino. Co seguinte orde do día: 1. Aprobación acta anterior; 2. Modificación dos estatutos da asociación; 3. Altas e baixas de membros da directiva; 4. Rogos e preguntas.
OBRADOIRO MANUALIDADES DE NADAL o sábado 12/12/2015 entre as 11:00 e a 13:30 (duración aproximada 45min). Os nen@s que asistan deberán traer: unha piña, dous cartóns dos rollos de papel de WC e tres botes vacios de iogur tipo “petit”. O número de prazas é limitado polo que se estades interesados apuntádevos canto antes (correo-e anpaauceira@gmail.com, na páxina de facebook da ANPA).


NOTA: desculpade o erro de impresión que incluía "xuño" :)

0 comentarios:

Obradoiro de informática

14:51 0 Comentarios


Recordar a todos os inscritos
OBRADOIROS DE INFORMÁTICA
  • Para infantil (27/11/15 – 18:00h – 45') – Introducción a Informática mediante Gcompriss
  • A partir de 7 anos (28/11/15 – 11:00h – 1'5h) – Introducción a programación con Scratch

0 comentarios:

Convocatoria asamblea extraordinaria e reunión día 27/11/15

0:26 0 Comentarios

Convócase os pais e nais membros da ANPA A Uceira a unha asamblea extraordinaria o día 27/11/2015 as 20:00 en primeira convocatoria e 20:30 en segunda no salón de actos do Casino do Carballiño; ca seguinte orde do día:
  1. Aprobación da acta anterior
  2. Modificación dos estatutos da asociación
  3. Altas e baixas de membros da directiva
  4. Rogos e preguntas


Antes da asamblea as 19:30 haberá unha reunión para a creación dunha comparsa de carnaval da ANPA a que se roga asistan os interesados.

0 comentarios: