PROGRAMACIÓN NADAL 2013 NO CONCELLO DO CARBALLIÑO

7:12 0 Comentarios

Aquí tendes a programación de Nadal do 2013 no Concello do Carballiño.
Dende a ANPA A UCEIRA queremos desexarvos un BO NADAL  a toda a comunidade educativa do CEIP CALVO SOTELO.

0 comentarios:

PLANIFICACION CURSO DE INFORMATICA

16:00 0 Comentarios

Planificación curso de INFORMÁTICA ( ANPA A UCEIRA):
Idades / Horas/día / TOTAL HORAS / Días de actividade (sábados pola maña)
3 e 4 anos : 1/2 hora (11:30 – 12:00)
6 horas
NOVEMBRO: 9, 16, 23, 30
DECEMBRO: 14, 21

5, 6 e 7 anos: 1 hora (11:00 – 12:00)
7 horas
XANEIRO: 11, 18, 25
FEBREIRO: 1, 8, 15, 22

8 e máis anos: 1'5 horas (10:30 – 12:00)
9 horas
 MARZO: 8, 15, 22, 29
ABRIL: 5, 12

0 comentarios:

CONVOCATORIA 1ª ASEMBLEA

15:56 0 Comentarios



A ANPA A UCEIRA do CEIP Calvo Sotelo convoca a súa asemblea do primeiro trimestre do curso 2013-2014, e convida, a todos os pais e nais, a participar nela, presentarnos as súas inquedanzas e manifestar as súas opinións. Celebrarase o día 9 de outubro, mércores, ás 20,00 horas na Casa da Cultura, coa seguinte orde do día:
1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.     Informe sobre o estado de contas e número de socios.
3.     Proposta de actividades a desenvolver ao longo do curso.
4.     Entrega dos diplomas aos asistentes ao curso de informática do curso 2012-13.
5.     Entrega dos carnets de socios para este curso.
6.     Suxestións e preguntas.

0 comentarios:

ACTIVIDADES CURSO 2013-14

15:54 0 Comentarios


Ola a tod@s: 
 Dende a ANPA A Uceira queremos informarvos  dunha serie de actividades que se desenvolverán ao longo deste curso.
ESCOLA DE BALONMAN: dirixida a nen@s de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primaria. Sería os martes e xoves de 17:15 a 18:15 h no polideportivo do colexio (na Uceira). Apuntarse directamente o primeiro día co monitor.
ESCOLA DE BALONCESTO: para nenos/as nados entre 1998-2001, os martes de 20:00-21:15 h e venres de 16:30-17:45 h. Prezo: 85 € (inclúe equipación de xogo para amistosos). Para nenos/as nados entre 2002-2005, os  martes de 19:00-20:00 h e venres de 17:45-19:00 h. Prezo: 100 € (inclúe equipación de xogo, seguro médico para competir a nivel ourensán). Todos os xogadores venderán un talonario de 25 rifas de lotería de Nadal ou encarecerá o prezo de inscrición 50 €. A actividade terá lugar no pavillón de Maside. Máis información no teléfono: 652585322 (Oscar).
INFORMÁTICA: para nen@s de educación infantil e primaria. Será gratuíta como o curso pasado, na aula do Concello os sábados pola mañá (terán preferencia os socios da ANPA se o número de prazas é menor ao número de rapaces apuntados). Poderán inscribirse na reunión xeral que terá lugar na Casa da Cultura nos vindeiros días.

En colaboración co CASINO do Carballiño:
CRE-ARTE (manualidades infantís): os sábados as 11 h. A cuota mensual  será de 10€/mes para os socios do casino. Para os non socios 15€/mes.
TEATRO: os venres as 18 h o 1º grupo e as 19 h o 2º grupo (un grupo cada hora). A cuota mensual será de 10€/mes para os socios do casino. Para os non socios 15€/mes.
PANDEIRETA: os venres de 20 – 21 h. A cuota mensual será de 10€/mes para os socios do casino. Para os non socios 15€/mes.
PATINAXE: os venres dende as 16 h as 18 h (formaranse 3 grupos, 1 h semanal). A cuota mensual será de 10€/mes para os socios do casino. Para os non socios 15€/mes.
DEBUXO E PINTURA: os mércores dende as 18 h (2 h semanais, 15€/mes para os socios do casino. Para os non socios 20€/mes).
RECICLAXE CREATIVO: os martes dende as 18 h (2 h semanais, 15€/mes para os socios do casino. Para os non socios 20€/mes).
Todas as actividades teñen unha matrícula (20€/ano), que os socios do casino ou da ANPA non pagarían. Poden inscribirse acercándose ao Casino do Carballiño en horario de 11 a 13 da mañá ou tamén vía e-mail: tempolibremaxico@gmail.com,  casinodeocarballino@gmail.com O prazo para anotarse é ata o día 5 de outubro.

ESCOLA DE PAIS/NAIS: coas seguintes temáticas: acoso escolar, novas tecnoloxías, mellora-la autoestima, intelixencia emocional, celos entre irmáns, avós na educación, ensíname a decir adeus. Esta actividade está organizada pola Asociación Educativa Escola de Nais e Pais do Carballiño. Será un xoves ao mes, de 20:00 h a 22:00 h no local da Asociación Centro Comercial Aberto (antiga Sindical do Carballiño) e terá un custo de 15 € ó ano. As inscricións faranse por correo electrónico: asociacionenp@gmail.com , poñendo Nome, apelidos e teléfono.

0 comentarios:

EXCURSIÓN FIN CURSO 1º CICLO E.P. CEIP CALVO SOTELO

18:55 0 Comentarios

O 8 de xuño fomos de excursión ao Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, e a Fervenza do río Toxa (a máis alta de Galicia).
Mirade que ben o pasaron

0 comentarios:

2 MAIO: CHARLA LOMCE

14:59 0 Comentarios



Estimadas/os nais/pais,
As ANPAS dos centros públicos do Carballiño poñemos no voso coñecemento que a charla informativa prevista para o xoves, día 2 QUEDA ANULADA por motivos de saúde do conferenciante Xesús Fortes, polo que nos vemos na obriga de pospoñela para outra data da que informaremos no seu momento.

Desculpade as molestias. Grazas

0 comentarios: