MAÑÁ TOD@S TEMOS UNHA CITA NA PRAZA MAIOR.

21:04 0 Comentarios


 Con motivo da celebración do Día do Libro o vindeiro 06 de maio, dende a Anpa A Uceira do CEIP Calvo Sotelo queremos fomentar a lectura entre os nenos e nenas do colexio e da vila. Por este motivo organizaremos, entre as  19,30 horas e as 20,30 horas, un mercadillo de intercambio e préstamo de libros na Praza Maior, ao que animamos a asistir a todos os rapaces, nais e pais. Para poder participar só teñen que traer algún libro que non lles importaría cambiar por outro, ou simplemente prestalo para que outros o poidan ler. Entre todos os participantes sortearanse vales para poder mercar libros nas librarías do Carballiño. Contamos para elo coa colaboración das librerías Escolma, Castro e Ábaco.

0 comentarios: