Obradoiro de micoloxía o 05/11/16

10:47 0 Comentarios


O próximo sábado día 05 de novembro ás 11:30 terá lugar o OBRADOIRO DE MICOLOXÍA para socios impartido por Benito Banga.

Comezaremos na entrada do Parque Municipal (cruce Av. Vigo con Av. do Parque) e consistirá nun ameno paseo didáctico polo entorno do parque no que se falará da micoloxía con exemplos prácticos. Se alguén posúe manuais de micoloxía poderá traelos.


É obrigatorio que os rapaces acudan acompañados por un adulto e con roupa adecuada para a actividade (paseo polo parque). Se chove recoméndase chuvasqueiro, botas de auga e paraugas.


Prégase confirmar asistencia na páxina de Facebook ou no correo-e anpaauceira@gmail.com

Faite socio

0 comentarios:

Concurso Samaín 2016

11:35 0 Comentarios

Este ano repetimos o concurso de decorar cabazas de Samaín, no que colaboran con nos a Praza de Abastos do Carballiño

Todos os que queirades participar tendes que preparar a cabaza e porse en contacto con nos a través do FB da Anpa, correo-e ou falando con algún membro da directiva para acordar a recollida.

A Praza de Abastos nos vai deixar o seu espazo para facer unha exposición cas cabazas que participen no concurso. Imola colocar o venres pola maña. Pero se non vos da tempo de acabalas (xa sabemos que é pouco tempo) pondevos en contacto con nos para poder engadila a exposición.

A selección da cabaza premiada cun agasallo será por decisión dun tribunal que estará formado por un membro da Asociación de comerciantes da Praza de Abastos, un membro do Concello do Carballiño e un membro da ANPA. O fallo realizarase o venres 4/11/2016. Ata o día anterior se ponden entregar as cabazas.

A idea é manter a exposición durante a vindeira semana para que todos os pais, nais e interesados podan ver os traballos dos nenos do noso cole.
  

0 comentarios:

Entrega de material escolar no centro para familias necesitadas

18:26 0 Comentarios



A semana pasada membros da ANPA achegaron a dirección do centro bolsas de material escolar en colaboración ca FAPA Ourense "As Burgas" para axudar ás familias con máis dificultades económicas.

Este material ponse a disposición do centro para que o distribúa segundo as necesidades que detectaron este ano no inicio de curso para axudar a estes nenos e nenas.




0 comentarios: