Entroido 2016 e Escola Municipal de Teatro

11:53 0 Comentarios


O venres día 05/02/16 de 17:30 a 20:30 terá lugar a festa de Entroido da ANPA no pavillón do edificio Calvo Sotelo (xunto a Casa da Cultura). Os interesados poderán anotarse o mercores día 03/02/16 de 18:00 a 19:00 no edificio sindical. Contáremos con merenda e animación por parte de DJ Pinchamusic.

Dende o concello se nos pide que vos informemos de que todavía está aberta a inscrición na Escola Municipal de Teatro. Para máis información no departamento de cultura do Concello do Carballiño (oixcultura@carballino.org - 988530007 ext #329)


0 comentarios: