LOMCE

15:54 0 Comentarios



Estimadas/os nais/pais,

Ante a posible implantación, polo goberno estatal, da nova Lei de educación (LOMCE ou tamén coñecida como Lei WERT), as ANPAS dos centros educativos públicos do Carballiño (IES “M. Chamoso Lamas, IES Nº1 e CEIP “Calvo Sotelo) organizan  unha charla informativa sobre os cambios e repercusións que terá  na educación dos nosos fillos/as. Dada a importancia do tema agardamos que asistas.
RELATOR: XESÚS FORTES, psicólogo e Catedrático de intervención sociocomunitaria  do CIFP Portovello de Ourense
DÍA: Xoves, 2 de maio
HORA: 20,00 h na Casa da Cultura

0 comentarios:

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO: MÉRCORES 24 DE ABRIL

23:25 0 Comentarios



Co motivo da celebración do Día do Libro, a ANPA A Uceira do CEIP Calvo Sotelo, as bibliotecas dos IES nº 1 e Chamoso Lamas e a Biblioteca Municipal, en colaboración coa área de Cultura do Concello do Carballiño organizan o vindeiro mércores 24 de abril, a actividade BIBLIOTECAS NA RÚA, que se levará a cabo entre as 18:00  e as 21:00 h na Praza Maior. O obxectivo da mesma é achegar as bibliotecas e os libros aos cidadáns. Desenvolveranse diversas actividades: as 18:00 h haberá un contacontos para os máis pequenos, a continuación teremos un recital de textos literarios a cargo de estudantes dos distintos centros de ensino, acompañados da actuación dun grupo de música medieval e barroca, Ars Antiqua. Durante todo este tempo haberá stands con libros das bibliotecas e funcionará un mercadillo de troco de libros organizado pola nosa ANPA. Para poder participar só teñen que traer algún libro que non lles importaría cambiar por outro. Entre todos os participantes sortearanse uns agasallos lectores.

0 comentarios:

ACLARACIÓN NOTA DE PRENSA "LA REGIÓN"

9:18 0 Comentarios

Dende a directiva da ANPA A UCEIRA queremos facer unha aclaración ante o titular de prensa emitido o mércores día 10 de abril de 2013 polo xornal "LA REGION".
Se lemos polo miúdo a noticia, podemos comprobar que non se refire ao Transporte Escolar do edificio da Uceira (CEIP CALVO SOTELO), senón ao transporte que o Concello de O Carballiño pon para o servizo de Bo Día Familia.

Dito transporte non ten nada que ver co CEIP CALVO SOTELO nin coa Consellería de Educación. Depende unicamente do Concello de O Carballiño.
Neste enlace podedes ver todo o artigo do xornal.

O Concello do Carballiño trasladou as súas inquietudes sobre a reestructuración do servizo municipal "BO DIA FAMILIA" xa o curso pasado. Estas inquietudes estaban relacionadas co aforro do transporte escolar e co aforro do aluguer do local onde está actualmente instalado este servizo do concello.
Dende a ANPA manifestamos no seu momento que no recinto do edificio da UCEIRA existe un edificio anexo, que é propiedade do Concello do Carballiño, que se podía acondicionar para este servizo e outras actividades extraescolares.

A ANPA A UCEIRA non ten ningún interese particular en que se traslade este servizo de ubicación. Só queremos que as familias que están utilizando este servizo o sigan facendo, xa que é un servizo fundamental para a conciliación familiar-laboral.
Por último dicir que esperamos que o Concello do Carballiño intente solucionar este problema da millor maneira posible.


0 comentarios:

FESTA DA MIMOSA

6:52 0 Comentarios

O casino do Carballiño organizou o domingo 7 de abril a FESTA DA MIMOSA 2013.
A partir das 18:00 h tiveron lugar as seguintes actividades (nas que participan nenos da ANPA):
- teatro infantil
- música infantil (panderetas)
- concerto do grupo "Sol Music"
- concerto do "Coro de Cámara de Música Viva"
- entrega de premios do III Concurso Fotográfico do Casino do Carballiño
-  fin despedida Festa da Mimosa 2013

Eiquí tendes algunhas fotos para ver o ben que o pasaron.

0 comentarios: