ACLARACIÓN NOTA DE PRENSA "LA REGIÓN"

9:18 0 Comentarios

Dende a directiva da ANPA A UCEIRA queremos facer unha aclaración ante o titular de prensa emitido o mércores día 10 de abril de 2013 polo xornal "LA REGION".
Se lemos polo miúdo a noticia, podemos comprobar que non se refire ao Transporte Escolar do edificio da Uceira (CEIP CALVO SOTELO), senón ao transporte que o Concello de O Carballiño pon para o servizo de Bo Día Familia.

Dito transporte non ten nada que ver co CEIP CALVO SOTELO nin coa Consellería de Educación. Depende unicamente do Concello de O Carballiño.
Neste enlace podedes ver todo o artigo do xornal.

O Concello do Carballiño trasladou as súas inquietudes sobre a reestructuración do servizo municipal "BO DIA FAMILIA" xa o curso pasado. Estas inquietudes estaban relacionadas co aforro do transporte escolar e co aforro do aluguer do local onde está actualmente instalado este servizo do concello.
Dende a ANPA manifestamos no seu momento que no recinto do edificio da UCEIRA existe un edificio anexo, que é propiedade do Concello do Carballiño, que se podía acondicionar para este servizo e outras actividades extraescolares.

A ANPA A UCEIRA non ten ningún interese particular en que se traslade este servizo de ubicación. Só queremos que as familias que están utilizando este servizo o sigan facendo, xa que é un servizo fundamental para a conciliación familiar-laboral.
Por último dicir que esperamos que o Concello do Carballiño intente solucionar este problema da millor maneira posible.


0 comentarios: