ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO: MÉRCORES 24 DE ABRIL
Co
motivo da celebración do Día do Libro, a ANPA A Uceira do CEIP Calvo Sotelo, as
bibliotecas dos IES nº 1 e Chamoso Lamas e a Biblioteca Municipal, en
colaboración coa área de Cultura do Concello do Carballiño organizan o vindeiro
mércores 24 de abril, a actividade BIBLIOTECAS NA RÚA, que se levará a
cabo entre as 18:00 e as 21:00 h na Praza Maior. O obxectivo
da mesma é achegar as bibliotecas e os libros aos cidadáns. Desenvolveranse
diversas actividades: as 18:00 h haberá un contacontos
para os máis pequenos, a continuación teremos un recital de textos literarios a cargo de estudantes dos
distintos centros de ensino, acompañados da actuación dun grupo de música
medieval e barroca, Ars Antiqua. Durante todo este tempo haberá stands con libros das bibliotecas
e funcionará un mercadillo de troco
de libros organizado pola nosa ANPA. Para poder participar só teñen que
traer algún libro que non lles importaría cambiar por outro. Entre todos os
participantes sortearanse uns agasallos lectores.
0 comentarios:
Publicar un comentario