22:22 0 Comentarios

OBRADOIRO PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS.


    O pasado Sábado, 36 nenos da ANPA Uceira, CEIP Calvo Sotelo, asistiron a un obradoiro sobre primeiros auxilios, que levaba por título "pupas, sustos e outros disgusto".
O obradoiro comenzou ca presentación dos 5 voluntarios que deseñaron e puxeron en marcha esta iniciativa.

Os primeiros 45 minutos dedicáronse ás feridas, queimaduras, febre...e outros "sustos pequenos", primeiro de forma teórica, e despois de forma práctica. Aquí os pequenos divididos en tres grupos aplicaron todo o que anteriormente se lle fora explicado e ensinando nunha persentación.






Na segunda parte do obradoiro aprenderon que facer ante un atragoamente, como alertar aos servicios sanitarios, que facer ante unha persoa inconsciente... Para realizar as prácticas utilizaron, primeiro bonecos de peluche e despois os seus propios compañeiros, monitores e papás.






Por último viron como é unha ambulancia por dentro (gracias a colaboración de Ambulancias Carballiño).






Levaron de recordo, e para que non se lles esqueza nada, un libro no que se recollía a presentación de forma máis detallada (gracias a colaboración do Concello do Carballiño) e unha chapa.



Esperamos que os pequenos aprenderan moito, nos por a nosa parte esperamos poder repetilo en máis ocasións.
Dar as gracias aos profesionais que o fixeron posible, a Verónica por a eleboración do libro e por a iniciativa e ilusión posta en levala a cabo, a Elvira, Bea, Eduardo e Álvaro por a súa colaboración desinteresada tanto no deseño do obradoiro como no momento de polo en práctica.

0 comentarios:

PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUTOS - OBRADOIRO

18:19 0 Comentarios


O vindeiro sábado 11 de xuño de 2016 terá lugar un obradoiro de introducción aos primeiros auxilios e achegará aos cativos a educación sanitaria neste campo. Será nunha xornada na que dun modo ameno e interactivo verán as pupas, os sustos e outros disgustos doutra maneira. Aprenderán que facer en diversas situacións e esperamos que lle perdan un pouco o medo as pupas (aínda que mellor non ter).

Contaremos con tres enfermeiras, un técnico e varios voluntarios que xunto cos medios materiais e técnicos (gracias a colaboración de Ambulacias do Carballiño e do Concello do Carballiño) achegarán aos cativos a educación sanitaria.

O obradoiro gratuito terá lugar o vindeiro día 11/06/2016 entre as 11:00 e as 12:30 no patio traseiro do edificio Calvo Sotelo.

O número de prazas é limitado e aberto a todos os nenos do centro con preferencia para socios da ANPA, polo que se estades interesados apuntádevos canto antes (correo-e anpaauceira@gmail.com, na páxina de facebook da ANPA

0 comentarios: