LIMPEZA NO CEIP CALVO SOTELO

15:18 1 Comentarios


Dada a situación que está a acontecer nos últimos tempos no centro escolar CEIP CALVO SOTELO, sobre todo no edificio da Uceira (onde están escolarizados 450 nenos), motivados pola falla de limpeza en dito centro, cremos que se está poñende en risco a saude dos nen@s.

Dende a directiva da anpa A UCEIRA queremos dar traslado de dita situación aos pais e nais, e entre tod@s tomar as medidas que podemos levar a cabo. 

Non podemos permitir que se poña en perigo a saúde dos nosos Nen@s. Dicir que esta responsabilidade lle concerne ao Concello do CARBALLIÑO e para que non se nos volva tildar a esta Directiva de xogar a politica, entre tod@s temos que decidir qué medidas vamos tomar para poder correxir este atropelo no noso Colexio.

Por eso se convoca unha reunión o vindeiro dia 25 de FEBREIRO as 20:00 no salón de actos do C.E.I.P CALVO SOTELO, edificio da Uceira.


CA SAÚDE DOS NOSOS NEN@S NON SE XOGA.

Podemos comentarvos que temos fotos para documentar toda esta situación, pero por respeto non as vamos a publicar no blog de momento.

A directiva da ANPA A UCEIRA.

1 comentarios:

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

22:23 0 Comentarios

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos están a organizar para o 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento) a Alborada para Rosalía de Castro, para o que fixeron un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra.
No Carballiño, facéndose eco deste chamamento, os gaiteiros e gaiteiras dos grupos
Escola de Gaitas
Grupo Orcellón
e
Os Serandeiros,
coa colaboración do Casino do Carballiño e A Mesa pola Normalización Lingüística
queren estender este chamado ao conxunto da poboación carballiñesa convidando á celebración desta Alborada para Rosalía de Castro que se escenificará o vindeiro
Domingo, 24 de febreiro, ás 12 do mediodía
Nos Soportais da Praza Maior do Carballiño, onde comeza a rúa Rosalía de Castro
O acto consistirá na lectura dun manifesto por parte dos gaiteiros presentes e a interpretación de varias pezas entre as que estará a propia Alborada para Rosalía.
Non deixes de acudir.

0 comentarios: