24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
Este ano
cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia
Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos están a
organizar para o 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu
nacemento) a Alborada
para Rosalía de Castro, para o que fixeron un chamamento a todos os
gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria na súa honra.
No
Carballiño, facéndose eco deste chamamento, os gaiteiros e gaiteiras dos grupos
Escola de Gaitas
Grupo Orcellón
e
Os Serandeiros,
coa
colaboración do Casino do
Carballiño e A Mesa
pola Normalización Lingüística
queren
estender este chamado ao conxunto da poboación carballiñesa convidando á
celebración desta Alborada para
Rosalía de Castro que se escenificará o vindeiro
Domingo, 24 de febreiro, ás 12 do mediodía
Nos Soportais da Praza Maior do Carballiño,
onde comeza a rúa Rosalía de Castro
O acto
consistirá na lectura dun manifesto por parte dos gaiteiros presentes e a
interpretación de varias pezas entre as que estará a propia Alborada para
Rosalía.
Non deixes
de acudir.

0 comentarios:
Publicar un comentario