DÍA DO PAI

20:09 0 Comentarios

AGASALLOS DO DÍA DO PAI

    O pasado xoves por fín os nenos entregaron ós seus papás os agasallos que con tanto cariño e dedicación fixeron no obradoiro impartido polos pais de Sabela (Cesar e Isa).

En primeiro lugar dar as gracias ós profes, polo seu bo facer, por agasallarnos un anaquiño do seu tempo deunha forma totalmente altruista (encargáronse de todo dende o primeiro ata o último detalle).

O obradoiro tivo lugar en tres quendas, durante dous sábados consecutivos.

O primeiro sábado os peques fixeron unha garabata de pasta polímera , para iso usaron uns moldes que os profes xa tiñan preparados, a eles tocoulles amasar, estirar, espachurrar e por último moldear.

O segundo día tocou pintar, decorar e por último colocar o cordel e facer os nudos, aquí os peques foron moi creativos con moita imaxinación.

Resultado: un fantástico chaveiro para papá, que de seguro lucirán todos orgullosos.






















0 comentarios: