Reunión infomativa sobre melloras de horarios

O pasado día 05/02/15 estivemos reunidos no Casino membros da directiva con pais e nais do centro. En dita reunión falamos sobre posibles opcións que se estudan dende o ANPA para mellorar os horarios do centro xa que nos parece que son moi difíciles para conciliar a vida familiar e laboral da maioría das familias.
Na reunión falouse das accións levadas a cabo dende esta ANPA (e xa van uns anos) de cara a que dende a administración se nos permita ter opción a cambiar o horario do centro.
Falamos da situación actual e centrámonos nos impedimentos que pon a administración as peticións dos pais e nais do CEIP Calvo Sotelo.
O final da reunión decidimos entre os asistentes crear un comité para seguir este tema no que se apuntaron distintos pais e será coordinado dende a ANPA.

Un saúdo a todos.

0 comentarios: