Nota informativa sobre seguro escolar

23:32 0 Comentarios

Sobre o seguro escolar

É un seguro que protexe a estudantes menores de 28 anos, dende 3° da ESO (14 anos) ata o 3° ciclo universitarios contra o accidente escolar,  a enfermidade ou o infortunio familiar, otorgándolles prestacións médicas, farmaceuticas e económicas segundo o caso.

Os menores de 14 non precisan seguro escolar xa que están cubertos pola seguridade social.

Accidentes no centro escolar

Segundo se nos informa dende o centro neste caso avísase os servizos sanitarios e os pais para que atendan os nenos en caso de que sexa necesario.

¿Debería recibir unha factura de gastos sanitarios no SERGAS?

Segundo informan no centro de saúde só se emiten facturas no caso de que exista un seguro para que se faga cargo de ese gasto sanitario que lle corresponde. 

Como os menores de 14 anos están cubertos sanitariamente, se recibimos unha factura en principio podería ser informativo ou un erro. Neste caso os pais deberían dirixirse o centro escolar ou o centro de saude para solicitar máis información para cada caso particular.

Conclusión

O CEIP Calvo Sotelo nos seus tres edificios cumple coa normativa vixente e os nenos están cubertos sanitariamente en casos de accidentes.

Bibliografía
http://www.seg-social.es/Internet_1/Masinformacion/TramitesyGestiones/Seguroescolar/index.htm

0 comentarios: