PLANIFICACION CURSO DE INFORMATICA

16:00 0 Comentarios

Planificación curso de INFORMÁTICA ( ANPA A UCEIRA):
Idades / Horas/día / TOTAL HORAS / Días de actividade (sábados pola maña)
3 e 4 anos : 1/2 hora (11:30 – 12:00)
6 horas
NOVEMBRO: 9, 16, 23, 30
DECEMBRO: 14, 21

5, 6 e 7 anos: 1 hora (11:00 – 12:00)
7 horas
XANEIRO: 11, 18, 25
FEBREIRO: 1, 8, 15, 22

8 e máis anos: 1'5 horas (10:30 – 12:00)
9 horas
 MARZO: 8, 15, 22, 29
ABRIL: 5, 12

0 comentarios:

CONVOCATORIA 1ª ASEMBLEA

15:56 0 Comentarios



A ANPA A UCEIRA do CEIP Calvo Sotelo convoca a súa asemblea do primeiro trimestre do curso 2013-2014, e convida, a todos os pais e nais, a participar nela, presentarnos as súas inquedanzas e manifestar as súas opinións. Celebrarase o día 9 de outubro, mércores, ás 20,00 horas na Casa da Cultura, coa seguinte orde do día:
1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.     Informe sobre o estado de contas e número de socios.
3.     Proposta de actividades a desenvolver ao longo do curso.
4.     Entrega dos diplomas aos asistentes ao curso de informática do curso 2012-13.
5.     Entrega dos carnets de socios para este curso.
6.     Suxestións e preguntas.

0 comentarios:

ACTIVIDADES CURSO 2013-14

15:54 0 Comentarios


Ola a tod@s: 
 Dende a ANPA A Uceira queremos informarvos  dunha serie de actividades que se desenvolverán ao longo deste curso.
ESCOLA DE BALONMAN: dirixida a nen@s de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primaria. Sería os martes e xoves de 17:15 a 18:15 h no polideportivo do colexio (na Uceira). Apuntarse directamente o primeiro día co monitor.
ESCOLA DE BALONCESTO: para nenos/as nados entre 1998-2001, os martes de 20:00-21:15 h e venres de 16:30-17:45 h. Prezo: 85 € (inclúe equipación de xogo para amistosos). Para nenos/as nados entre 2002-2005, os  martes de 19:00-20:00 h e venres de 17:45-19:00 h. Prezo: 100 € (inclúe equipación de xogo, seguro médico para competir a nivel ourensán). Todos os xogadores venderán un talonario de 25 rifas de lotería de Nadal ou encarecerá o prezo de inscrición 50 €. A actividade terá lugar no pavillón de Maside. Máis información no teléfono: 652585322 (Oscar).
INFORMÁTICA: para nen@s de educación infantil e primaria. Será gratuíta como o curso pasado, na aula do Concello os sábados pola mañá (terán preferencia os socios da ANPA se o número de prazas é menor ao número de rapaces apuntados). Poderán inscribirse na reunión xeral que terá lugar na Casa da Cultura nos vindeiros días.

En colaboración co CASINO do Carballiño:
CRE-ARTE (manualidades infantís): os sábados as 11 h. A cuota mensual  será de 10€/mes para os socios do casino. Para os non socios 15€/mes.
TEATRO: os venres as 18 h o 1º grupo e as 19 h o 2º grupo (un grupo cada hora). A cuota mensual será de 10€/mes para os socios do casino. Para os non socios 15€/mes.
PANDEIRETA: os venres de 20 – 21 h. A cuota mensual será de 10€/mes para os socios do casino. Para os non socios 15€/mes.
PATINAXE: os venres dende as 16 h as 18 h (formaranse 3 grupos, 1 h semanal). A cuota mensual será de 10€/mes para os socios do casino. Para os non socios 15€/mes.
DEBUXO E PINTURA: os mércores dende as 18 h (2 h semanais, 15€/mes para os socios do casino. Para os non socios 20€/mes).
RECICLAXE CREATIVO: os martes dende as 18 h (2 h semanais, 15€/mes para os socios do casino. Para os non socios 20€/mes).
Todas as actividades teñen unha matrícula (20€/ano), que os socios do casino ou da ANPA non pagarían. Poden inscribirse acercándose ao Casino do Carballiño en horario de 11 a 13 da mañá ou tamén vía e-mail: tempolibremaxico@gmail.com,  casinodeocarballino@gmail.com O prazo para anotarse é ata o día 5 de outubro.

ESCOLA DE PAIS/NAIS: coas seguintes temáticas: acoso escolar, novas tecnoloxías, mellora-la autoestima, intelixencia emocional, celos entre irmáns, avós na educación, ensíname a decir adeus. Esta actividade está organizada pola Asociación Educativa Escola de Nais e Pais do Carballiño. Será un xoves ao mes, de 20:00 h a 22:00 h no local da Asociación Centro Comercial Aberto (antiga Sindical do Carballiño) e terá un custo de 15 € ó ano. As inscricións faranse por correo electrónico: asociacionenp@gmail.com , poñendo Nome, apelidos e teléfono.

0 comentarios: