Agasallos de Nadal para as postais gañadoras

7:57 0 Comentarios

Onte fixemos entrega de 7 agasallos para os gañadores das postais de Nadal no centro.
Agardamos que lle gusten aos premiados ☺

0 comentarios:

Obradoiro de Nadal

17:49 0 Comentarios

O vindeiro sábado día 17/12/2016 ás 11:00 horas ata a 13:00h (aprox.) terá lugar no local de UXT na casa Sindical un OBRADOIRO DE MANUALIDADES CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO NADAL impartido por un grupo de nais voluntarias. Os nenos que participen teñen que traer un corcho de botella e o rollo de cartón do papel hixiénico. Está actividade é para socios do ANPA sen custo co único requisito de inscribirse. O número de prazas é limitado polo que se estades interesados apuntádevos canto antes (correo-e anpaauceira@gmail. , Illa páxina de facebook da ANPA). ENTRODO Durante a celebración do obradoiro anteriormente mencionado se informará e poderase anotar para a comparsa de entroido no mesmo lugar e horario.

Se non es socio da ANPA e queres selo tes que facer un ingreso de 10€ na conta da ANPA Uceira na Caixa Rural do Carbaliño

0 comentarios:

Obxecto perdido

15:05 0 Comentarios

Durante a celebración do Magosto alguén se deixou un obxecto.

O/A interesado/a que se poña en contacto con nos para recupéralo.

Un saúdo.

0 comentarios:

Magosto 2016

23:29 0 Comentarios

O venres 11/11/2016 a partir das 18:00 no pavillón do Calvo Sotelo. Haberá castañas, bolos preñados e chocolate con biscoitos ademais de bebidas variadas. Teremos animación musical con DJ Tibu. Se alguén quere, pode  traer algunha larpeirada.

Custo por familia 3 € para os socios e os non socios terán que aboar 5 € por adulto e 1 € por neno.

Todos os que queirades participar tedes que anotarvos o vindeiro mércores 9 de novembro de 18:00 a 19:00 no Taller Máxico do Casino Cultural do Carballiño, e se por algún motivo non vos podedes achegar dirixirvos a calquera membro da directiva para que tome nota.

FAITE SOCIO

Se non es socio da ANPA e queres selo tes que facer un ingreso de 10€ na conta da ANPA Uceira na Caixa Rural do Carballiño.

0 comentarios:

Obradoiro de micoloxía o 05/11/16

10:47 0 Comentarios


O próximo sábado día 05 de novembro ás 11:30 terá lugar o OBRADOIRO DE MICOLOXÍA para socios impartido por Benito Banga.

Comezaremos na entrada do Parque Municipal (cruce Av. Vigo con Av. do Parque) e consistirá nun ameno paseo didáctico polo entorno do parque no que se falará da micoloxía con exemplos prácticos. Se alguén posúe manuais de micoloxía poderá traelos.


É obrigatorio que os rapaces acudan acompañados por un adulto e con roupa adecuada para a actividade (paseo polo parque). Se chove recoméndase chuvasqueiro, botas de auga e paraugas.


Prégase confirmar asistencia na páxina de Facebook ou no correo-e anpaauceira@gmail.com

Faite socio

0 comentarios:

Concurso Samaín 2016

11:35 0 Comentarios

Este ano repetimos o concurso de decorar cabazas de Samaín, no que colaboran con nos a Praza de Abastos do Carballiño

Todos os que queirades participar tendes que preparar a cabaza e porse en contacto con nos a través do FB da Anpa, correo-e ou falando con algún membro da directiva para acordar a recollida.

A Praza de Abastos nos vai deixar o seu espazo para facer unha exposición cas cabazas que participen no concurso. Imola colocar o venres pola maña. Pero se non vos da tempo de acabalas (xa sabemos que é pouco tempo) pondevos en contacto con nos para poder engadila a exposición.

A selección da cabaza premiada cun agasallo será por decisión dun tribunal que estará formado por un membro da Asociación de comerciantes da Praza de Abastos, un membro do Concello do Carballiño e un membro da ANPA. O fallo realizarase o venres 4/11/2016. Ata o día anterior se ponden entregar as cabazas.

A idea é manter a exposición durante a vindeira semana para que todos os pais, nais e interesados podan ver os traballos dos nenos do noso cole.
  

0 comentarios:

Entrega de material escolar no centro para familias necesitadas

18:26 0 Comentarios



A semana pasada membros da ANPA achegaron a dirección do centro bolsas de material escolar en colaboración ca FAPA Ourense "As Burgas" para axudar ás familias con máis dificultades económicas.

Este material ponse a disposición do centro para que o distribúa segundo as necesidades que detectaron este ano no inicio de curso para axudar a estes nenos e nenas.




0 comentarios:

Inicio do curso 2016/2017

14:12 0 Comentarios

O vindeiro luns 12/09/2016 comeza o curso escolar no noso centro.

Segundo nos informan, o primeiro día será a xornada de presentación que se desenvolverá entre as 09:45 e as 12:00 aproximadamente.

Os alumnos e pais de infantil dos tres edificios xa tiveron unha reunión o pasado mércores cos titores.

Respecto a primaria se nos informa que:
  • Os alumnos e pais de 1º e 2º de primaria terán unha reunión inicial no salón de actos do edificio Uceira
  • Os alumnos e pais de 3º e 4º de primaria terán reunións cos titores en cada aula e se chamarán os alumnos no patio.

Bo inicio de curso a todos.

CALENDARIO ESCOLAR

0 comentarios:

22:22 0 Comentarios

OBRADOIRO PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS.


    O pasado Sábado, 36 nenos da ANPA Uceira, CEIP Calvo Sotelo, asistiron a un obradoiro sobre primeiros auxilios, que levaba por título "pupas, sustos e outros disgusto".
O obradoiro comenzou ca presentación dos 5 voluntarios que deseñaron e puxeron en marcha esta iniciativa.

Os primeiros 45 minutos dedicáronse ás feridas, queimaduras, febre...e outros "sustos pequenos", primeiro de forma teórica, e despois de forma práctica. Aquí os pequenos divididos en tres grupos aplicaron todo o que anteriormente se lle fora explicado e ensinando nunha persentación.






Na segunda parte do obradoiro aprenderon que facer ante un atragoamente, como alertar aos servicios sanitarios, que facer ante unha persoa inconsciente... Para realizar as prácticas utilizaron, primeiro bonecos de peluche e despois os seus propios compañeiros, monitores e papás.






Por último viron como é unha ambulancia por dentro (gracias a colaboración de Ambulancias Carballiño).






Levaron de recordo, e para que non se lles esqueza nada, un libro no que se recollía a presentación de forma máis detallada (gracias a colaboración do Concello do Carballiño) e unha chapa.



Esperamos que os pequenos aprenderan moito, nos por a nosa parte esperamos poder repetilo en máis ocasións.
Dar as gracias aos profesionais que o fixeron posible, a Verónica por a eleboración do libro e por a iniciativa e ilusión posta en levala a cabo, a Elvira, Bea, Eduardo e Álvaro por a súa colaboración desinteresada tanto no deseño do obradoiro como no momento de polo en práctica.

0 comentarios:

PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUTOS - OBRADOIRO

18:19 0 Comentarios


O vindeiro sábado 11 de xuño de 2016 terá lugar un obradoiro de introducción aos primeiros auxilios e achegará aos cativos a educación sanitaria neste campo. Será nunha xornada na que dun modo ameno e interactivo verán as pupas, os sustos e outros disgustos doutra maneira. Aprenderán que facer en diversas situacións e esperamos que lle perdan un pouco o medo as pupas (aínda que mellor non ter).

Contaremos con tres enfermeiras, un técnico e varios voluntarios que xunto cos medios materiais e técnicos (gracias a colaboración de Ambulacias do Carballiño e do Concello do Carballiño) achegarán aos cativos a educación sanitaria.

O obradoiro gratuito terá lugar o vindeiro día 11/06/2016 entre as 11:00 e as 12:30 no patio traseiro do edificio Calvo Sotelo.

O número de prazas é limitado e aberto a todos os nenos do centro con preferencia para socios da ANPA, polo que se estades interesados apuntádevos canto antes (correo-e anpaauceira@gmail.com, na páxina de facebook da ANPA

0 comentarios:

Feliz día da nai

12:06 0 Comentarios

Feliz día da nai 

Onte os nenos estiveron traballando a reo para darlles un gran sorpresa as súas nais.

Guiados por Cesar fixeron unhas rosas de gomaeva moi bonitas e orixináis e uns anilleros para agasallar a mamá.

Os nenos tiñan moitas gañas de facer un agasallo especial para as mamis polo que se esmeraron moito durante o obradoiro.

Esperamos que todas as nais pasedes un día moi especial.

A tí que me diches todo
sen pedir nada






0 comentarios:

16:55 0 Comentarios

OBRADOIRO DÍA DA NAI

O vindeiro sábado 30 de abril de 2016 terá lugar un obradoiro con motivo do día da nai impartido por Cesar Rodríguez Ferreiro. Dito obradoiro terá lugar no local que nos ceden na casa sindical para a realización . A duración será de aproximadamente 60 minutos e realizarase en horario de maña ás 11:30h a 12:30h aproximadamente.
Está actividade é para socios do ANPA sen custo co único requisito de inscribirse. O número de prazas é limitado polo que se estades interesados apuntádevos canto antes (correo­-e anpaauceira@gmail.com, na páxina de facebook da ANPA.

0 comentarios:

Asemblea extraordinaria 17/03/2016

16:44 0 Comentarios

PROXECTO E-DIXGAL

O proxecto E-dixgal é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxecto o libro dixital nos centros educativos galegos. No noso centro leva xa dous cursos de funcionamento e debido ao interese de varias familias (tanto das que xa forman parte do programa como doutras) solicitamos ao centro unha reunión para facer unha posta en común entre a comunidade educativa do noso centro de dito programa.

O día 02 de marzo tivemos unha reunión no centro na que se informou aos asistentes e na que estivemos avaliando o programa.


Agora para rematar a avaliación do proxecto polos pais e nais convocamos unha asemblea extraordinaria ca seguinte orde do día:

Aprobación da acta anterior

Programa E-DIXGAL

Rogos e preguntas


Esta asemblea terá lugar o xoves 17/03/2016 ás 20:30 en primeira convocatoria e 21:00 en segunda, no salón de actos da Casa da Cultura (Praza Antón Losada)


Solicitamos que tanto as persoas interesadas coma todas ás familias que participaron no programa intenten acudir xa que se pretenden os seguintes obxectivos:

transmitir as experiencias positivas e negativas dende o punto de vistas das familias que participaron.

dúbidas e suxestións sobre o programa.


0 comentarios:

Reunión E-Dixgal e obradoiro día do pai

23:36 0 Comentarios

logo anpa.jpg
PROXECTO E-DIXGAL
O proxecto E-dixgal é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxecto o libro dixital nos centros educativos galegos. No noso centro leva xa dous cursos de funcionamento e debido ao interese de varias familias (tanto das que xa forman parte do programa como doutras) solicitamos ao centro unha reunión para facer unha posta en común entre a comunidade educativa do noso centro de dito programa.
Esta reunión para avaliar o programa E-DIXGAL terá lugar o mércores 02/03/2016 ás 18:30 no salón de actos do edificio principal na Uceira.
Solicitamos que tanto as persoas interesadas coma todas ás familias que participaron no programa intenten acudir xa que se pretenden os seguintes obxectivos:
  • escoitar por parte do persoal docente os beneficios e os impedimentos que dende o seu punto de vista ten o programa.
  • transmitir as experiencias positivas e negativas dende o punto de vistas das familias que participaron.
  • dúbidas e suxestións sobre o programa.

OBRADOIRO DÍA DO PAI
Por outra banda informar tamén de que o vindeiro día 12/03/2016 en horario de mañá teremos un obradoiro de manualidades de balde para socios impartido por nais e pais voluntari@s. Podédesvos inscribir por correo-e (anpaauceira@gmail.com) coma por unha mensaxe privada na páxina de Facebook.
As prazas son limitadas. No momento da inscrición informaremos do material necesario para a realización, lugar…

0 comentarios:

Entroido 2016 e Escola Municipal de Teatro

11:53 0 Comentarios


O venres día 05/02/16 de 17:30 a 20:30 terá lugar a festa de Entroido da ANPA no pavillón do edificio Calvo Sotelo (xunto a Casa da Cultura). Os interesados poderán anotarse o mercores día 03/02/16 de 18:00 a 19:00 no edificio sindical. Contáremos con merenda e animación por parte de DJ Pinchamusic.

Dende o concello se nos pide que vos informemos de que todavía está aberta a inscrición na Escola Municipal de Teatro. Para máis información no departamento de cultura do Concello do Carballiño (oixcultura@carballino.org - 988530007 ext #329)


0 comentarios:

Arquivo de blogs