ACTIVIDADES 2012-13
Dende a ANPA A UCEIRA queremos comentarvos que nas actividades de debuxo-pintura e informática había moitos nen@s apuntados e tivemos que seleccionar só aos soci@s.Lembrarvos que as clases de informática non poden empezar ata o mes de xaneiro, por estar ocupada este trimestre a aula do concello. Faranse 4 grupos, dous cada sábado (de 11 a 13 h). Xa vos informaremos máis adiante.
En referencia as actividades de BAILES DE SALÓN E OS OBRADOIROS, non se van a realizar por non ter un número mínimo de nen@s para facer ditas actividades.
Con respecto a:
PINTURA AL ÓLEO: xa vos indicamos que tiñades que apuntarvos en INLINGUA (Luisa dará clases este ano alí).
FÚTBOL-SALA: tendes que apuntarvos no teléfono de MARCOS (Tuka): 670-956-338 ou ir ata o Pabellón Paco Chao.
PATINAXE: tendes que apuntarvos no Concello do Carballiño. Ten un custo de 75 €/ano a escola deportiva.
0 comentarios:
Publicar un comentario