MANIFESTACIÓN 20 DE SETEMBRO

22:30 0 Comentarios



 A ANPA A Uceira despois da reunión mantida cunha importante cantidade de pais e nais de alumn@s deste colexio, o pasado dia 12, en relación coa circular remitida pola Xunta de Galicia na que se nos solicita un recoñecemento tácito da distancia dos nosos fogares ata o centro e ante as mais que fundadas sospeitas de dubidosas intencións (eliminación ou cobro) por parte da Administración autonómica con respecto ao transporte escolar dos nosos fillos a partires do vindeiro curso, tomamos a decisión de facer un acto reivindicativo para reflexar os problemas que esta decisión arbitraria e inxusta pode acarrear para nos.
      Este acto consistirá en que todos aqueles que están de acordo con loitar por defender os nosos dereitos e impedir un novo recorte que afecte aos nosos nenos, partan a pé cara o colexio o xoves 20 pola mañá, saíndo da parada habitual para confluír todos os pais e nenos na explanada do Asilo arredor das 9.30 da mañá e de alí continuar o camiño ata o colexio, loxicamente se van a tomar todas as medidas de seguridade necesarias, contamos coa presenza da Policía Local, e se recomenda que os cativos vaian equipados cun chaleco reflectinte e sempre acompañados por un adulto. Vamos a convocar a todos os medios de comunicación posibles para que o eco da nosa protesta resoe con forza nos despachos de Santiago.
    Lembrade que se o plan da Xunta vai adiante, o vindeiro curso, todos aqueles que están a menos de dous kilómetros do colexio, perderán o seu dereito a transporte escolar gratuíto, afectando a medida a case todas as paradas do casco urbano do Carballiño e a de Seoane. En calquera caso de non ser afectado, apelamos á túa solidariedade para defender os dereitos dos compañeiros que si o están, e tamén como medida preventiva, pois en outras comunidades como Murcia, xa aumentaron esta distancia aos 3 kilómetros e os que hoxe non están entre o núcleo de damnificados o poden estar en breve.

NIN UN PASO ATRÁS NA DEFENSA DOS DEREITOS DOS NOSOS NENOS
VANNOS OIR ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

0 comentarios: