ACTIVIDADES CURSO 2012-13

21:26 0 Comentarios



Dende a ANPA A Uceira queremos ofertar unha serie de actividades que desenvolveremos ao longo deste curso. Están abertas a todos os nen@s, pero terán preferencia os socios da ANPA donde o número de prazas sexa menor ao número de rapaces apuntados. É necesario que cubrades a ficha que figura no fondo desta folla e nola fagades chegar depositándoa nos buzóns da ANPA instalados en cada un dos edificios do colexio. O prazo para anotarse é ata o día 28 de setembro.
No Blog da ANPA anpaauceira.blogspot.com atoparedes información puntual sobre as mesmas. As actividades que se van a levar a cabo son as seguintes:
DEBUXO - PINTURA: Para nen@s de educación infantil (3-6 anos). Terá unha custo de 20 euros/anual por familia para o mantemento da aula. Será os venres de 16,00 – 17,00 h no Local Sindical.

ESCOLA DE BALONMAN: dirixida a nen@s de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primaria. Sería os luns e mércores de 17:15 a 18:15 h no polideportivo do colexio (na Uceira). É unha actividade gratuita. Todos os nen@s que tomen parte na actividade participarán en competición (benxamín e alevín) organizada pola Federación dentro do Programa Xogade da Xunta de Galicia.

INFORMÁTICA: para nen@s de edcucación infantil e primaria. Será gratuíta como o curso pasado, na aula do Concello. O horario está por determinar.

BAILES DE SALÓN: para nen@s de 7 a 10 anos. Será gratuita e o horario está por determinar.

OBRADOIROS  DE  BARRO,  CESTEIRIA,  ELABORACIÓN DE XOGUETES,  PINTURA SOBRE TELA  E
MEDIO-AMBIENTAL:  Cada obradoiro terá unha duración bimensual e serán sempre adaptados as idades dos/as participantes, repartidos en varios grupos.( de 3 a 5 anos,6 a 9 e de 10 a 12).
O número mínimo para participar será de 7nenos/as e un máximo de 15.
No caso de que houbera máis participantes teránse que facer máis grupos.
A duración dos obradoiros será de 1h:30m.
En datas sinaladas ( Nadal,Día do pai,Día da nai,Samaín,Antroido,día do Medio Ambiente ) ademáis do obradoiro correspondente ó bimestre faránse tamén traballo alusivos a ditas datas.Ex:Antroido:disfraces, máscaras ou disfraces.
Nalgún obradoiro poderáselle pedir os pais que aporten algún material,(caixas de cartón,botellas de plástico,calcetíns que xa non se usan, etc), en ningún caso será material que orixine gasto algún, sempre será material que teñan na casa e xa non se use.
O prezo por alumno é 15€/mes e o pago sempre se realizará na primeira semana do mes seguinte.
Os días de impartición das clase quedan pendientes ata saber cantos nenos/as hai en cada obradoiro.
Os participantes terán que traer obrigatoriamente mandilón ou camiseta vella (para non mancharse)

PINTURA AL ÓLEO: este curso Luisa dará clases en Inlingua. Para máis información e apuntarse  en Inlingua.

FÚTBOL-SALA: en colaboración co Carballiño Fútbol-Sala. Para apuntarse e máis información no teléfono de  Marcos (Tuka) 670-956-338.

PATINAXE: 60 €/ano, 1 hora/dúas veces a semana (apuntarse no Concello do Carballiño)


0 comentarios: