CURSO 2012-13

21:17 0 Comentarios


Ola a tod@s:

Dende a ANPA A Uceira queremos saudarvos neste comezo de curso e animarvos a participar nas actividades e traballo da nosa asociación. Comentarvos aos que aínda non sodes socios a importancia da vosa participación e axuda para poder desenvolver o noso labor. 
O finais do mes de setembro celebraremos a 1ª asemblea xeral de soci@s. Nesta xuntanza, aberta a todos os pais e nais esperamos que plantexedes todas aquelas cuestións que vos interesen. Nós aproveitaremos para propor unha serie de cuestións e tamén ofertaremos unha proposta de actividades na liña das desenvolvidas o curso pasado, complementándoas con outras para abarcar máis inquedanzas e idades (debuxo-pintura, balonman, informática, bailes de salón, obradoiros: de barro, cesteiria, elaboración de xoguetes, pintura sobre tela e medio-ambiental, cine, fútbol-sala en colaboración co Carballiño Fútbol-sala, mercadiños de troco, charlas formativas para familias, festas, etc). En ningún caso pretendemos que esta proposta sexa pechada, senón que pola contra esperamos aumentala coas vosas aportacións ou modificala no caso de que non teña interese.
 Xa por último recordarvos que podedes ter máis información actualizada no noso blog www.anpaauceira.blogspot.com, onde tendes ademais unha conta de correo a través da cal facernos chegar as vosas suxestións que de seguro contribuirán a mellorar o noso traballo. 
Un saúdo e bo comezo de curso a tod@s.
  A directiva

0 comentarios: