ASEMBLEA SETEMBRO 2012

22:32 0 Comentarios



ANPA A UCEIRA CEIP CALVO SOTELO
            A ANPA A UCEIRA do CEIP Calvo Sotelo convoca a súa asemblea do primeiro trimestre do curso 2012-2013, e convida, a todos os pais e nais, a participar nela, presentarnos as súas inquedanzas e manifestar as súas opinións. Celebrarase o día 27 de setembro, xoves, ás 20,00 horas na Casa da Cultura, coa seguinte orde do día:
1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.     Informe sobre o estado de contas e número de socios.
3.     Proposta de actividades a desenvolver ao longo do curso.
4.     Suxestións e preguntas.
            Recordarvos que todos aqueles que aínda non son socios, podedes facervos na propia asemblea ou ingresando a cuota de 10 euros na conta da Caixa Rural.
            Dende a directiva da ANPA queremos agradecer o apoio manifestado pola gran maioría de pais afectados polo transporte escolar na manifestación do pasado día 20 de setembro.

0 comentarios: