DÍA INTERNACIONAL DOS ESTUDIANTES
FESTA DE OUTONO
Hoxe celebramos o Día Internacional dos Estudiantes con unha tarde chea de actividades.
CONTOS QUE QUERO CONTAR
En primeiro lugar asistimos a unha contada da man de
Miguel Ángel Alonso Diz, docente, autor de varios libros como "O cullarapo Croque", "O soño de Eshter", "Música no faiado", "A nena á que non deixaban ser feliz", "O valente coello que quixo soñar", "Mel, unha mosca agradecida"...Ademáis de todo esto é unha gran persona, con uns marabillosos valores que transmite nas súas contadas, e tamén o papá de Esther e Enma :). Pasamos hora e media de risas, diversión, interección, imaxinación e aventuras.
O rematar a contada sorteamos un exemplar do seu último libro, gracias os amigos de
Escolma libraría.
CHOCOLATADA
Despois da contada, que mellor que un chocolate para coller forza para a nosa búsqueda do tesouro... Carina de
Comonacasa encargouse de prepararnos unha marabillosa merenda.
BÚSQUEDA DO TESOURO
Despois da super enerxética merenda, os nosos piratas, repartidos en 4 grupos, invadiron as rúas do Carballiño na busca do seu botín.
As normas quedaron moi claras: non era unha competición, era un xogo de equipo, había que "invadir" os locais colaboradores, con educación e amabilidad, superar a pregunta cos piratas de esos locais nos fixesen e así conseguir a sinatura e o botín... e fixérono xenial.
A palabras Gracias quédase corta...
Chikitines,
Abaco,
El Caserío,
Papaventos,
Plaza, e A Parada.... GRACIAS!! polo cariño, a paciencia, a colaboración, a implicación, os agasallos... mil gracias!!!
E gracias os peques piratas e os peques grandes que o fixeron xenial.
GRACIAS AS MAIS DE 70 PERSOAS QUE FORMASTES PARTE DE ESTA TARDE MARABILLOSA, intentaremos aumentar aforo para próximas actividades de interior ;)
0 comentarios:
Publicar un comentario