Asemblea extraordinaria 17/03/2016

16:44 0 Comentarios

PROXECTO E-DIXGAL

O proxecto E-dixgal é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxecto o libro dixital nos centros educativos galegos. No noso centro leva xa dous cursos de funcionamento e debido ao interese de varias familias (tanto das que xa forman parte do programa como doutras) solicitamos ao centro unha reunión para facer unha posta en común entre a comunidade educativa do noso centro de dito programa.

O día 02 de marzo tivemos unha reunión no centro na que se informou aos asistentes e na que estivemos avaliando o programa.


Agora para rematar a avaliación do proxecto polos pais e nais convocamos unha asemblea extraordinaria ca seguinte orde do día:

Aprobación da acta anterior

Programa E-DIXGAL

Rogos e preguntas


Esta asemblea terá lugar o xoves 17/03/2016 ás 20:30 en primeira convocatoria e 21:00 en segunda, no salón de actos da Casa da Cultura (Praza Antón Losada)


Solicitamos que tanto as persoas interesadas coma todas ás familias que participaron no programa intenten acudir xa que se pretenden os seguintes obxectivos:

transmitir as experiencias positivas e negativas dende o punto de vistas das familias que participaron.

dúbidas e suxestións sobre o programa.


0 comentarios: