CINE 9 DE NOVEMBRO
Ola a todas e todos: este venres día 9 , dentro do programa de
colaboración entre o Cine Club Carballiño e a ANPA A Uceira proxectamos a
película francesa de animación El Ilusionista (2010), considerada
pola crítica como unha obra mestra e apta para todos os públicos. A
cinta foi dirixida por Sylvain Chomet e recibiu numerosos premios
internacionais. A súa duración é de 76 minutos. Haberá unha sesión especial ás
18:00 horas, a un prezo de 2,5 euros
a entrada, tanto para nen@s como para adultos que os acompañen. Ás 20:00 e ás
23:00 horas haberá tamén as sesións habituais. Un saúdo.
0 comentarios:
Publicar un comentario