SEMANA DO LIBRO
O 23 de abril é o DÍA MUNDIAL DO LIBRO e dos dereitos de autor.
Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editoral e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.
O 23 de abril de 1616 morreron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola UNESCO para rendir homenaxe mundial aos libros e aos autores.
Existen multitude de actividades e iniciativas en distintas partes do mundo para celebrar este día.
Se queredes ter máis información, na páxina da UNESCO atoparédela, xunto co cartel conmemorativo do ano 2010.
Nós, dentro das nosas pequenas posibilidades, tamén queremos poñer o noso gran de area. E como comezo, montamos unha pequena exposición de libros infantís que irá rotando polos tres edificios do noso cole. O calendario da exposición é a seguinte:
-Luns, 19 de abril, estarán no edificio Calvo Sotelo.
-Martes, 20 de abril, no Campo da Feira.
-Mércores, Xoves e Venres na Uceira.
Para que vos fagades unha idea, así quedou montada a exposición no Calvo Sotelo para que @s nen@s disfruten mañá cando cheguen ao cole.
E estes algúns dos títulos que nela se atopan.

Agradecerlle ao centro a colaboración prestada e que fai posible esta actividade.
Pero non pensedes que as actividades do Día do Libro rematan aquí. Ao longo da semana teredes novidades e actividades onde participar. Seguide consultando o blog.
0 comentarios:
Publicar un comentario