Obradoiro de micoloxía

10:38 0 Comentarios

 O día comenzou con choiva, pero cando nos chegamos o punto de encontro xa daba o sol.
Beni iniciou o obradoiro cunha breve charla na que nos introduciu no mundo da micoloxía e prestounos uns manuais para a saída.
Unha vez finalizada a explicación (aínda que estivo contando cousas durante as 3 horas da actividade) iniciamos a andaina na busca de cogumelos.


 Non tardamos moito en atopar os primeiros
Beni foi moi didactico e respondeu as consultas e dúbidas dos nenos e dos pais.
Vimos algunhas bonitas e outras non tanto. Pero foi moi interesante saber as súas características e usos.




Algúns pais se atreveron a probar algunha 'picante' dentro das explicacións.
Incluso atopamos unha pequena ra que era moi amistosa.
É moi importante limpar antes de meter na cesta, xa que así nos evitamos traballos e problemas posteriores.
Despois de 3 horas de paseo, charlas, 'escaladas' e recollidas; Beni revisou e repartiu os cogumelos e incluso nos deu consellos para cociñalas.

Gracias Beni.

0 comentarios: