Entroido en Celanova

15:33 0 Comentarios

SÁBADO DE PIÑATA

  O Sábado fomos a rir, bailar e disfrutar a Celanova. Parte da comparsa partimos xa de mañá, era a proba de lume para ver a capacidades de montaxe :) e superámola con éxito.
Despois duns bocatas, montamos a carroza a todo correr, e puxemonos guapos no camerino (con espello e todo) que Manuela nos preparou no furgón.
E a disfrutar!!!. O trato por parte da organización de 10, e todos os integrantes de este país das marabillas impresionantes!!.
E por encima o día seguinte enterámonos que quedamos de quintos!!.
Gracias unha vez máis Juan Rua polas fotos tan marabillosas, e a todos os papis e familiares que vades sempre tan pendientes de todo.








































































0 comentarios: